Esther Navarrete do F.C. Barcelona e Antonio Serrat do Real Club Celta proclamáronse gañadores galegos absolutos do Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través disputado por quinta vez no fermoso circuito de A Veronza pertencente ao Concello de Ribadavia.
Baixo un excelente día a nivel climatolóxico para a disputa do campionato, a internacional viguesa do club blaugrana, lograba unha traballada victoria -o seu terceiro campionato logo das edicións de 2015 en Monforte e 2017 en Ribadavia- logo de manter un man a man ca lucense do Lucus Laura Santos quen finalmente lograba o subcampionato a vinte catro segundos da vencedora. María Cedrón do ADAS Proinor, completaba o podio femenino nunha pelexada e traballada carreira.
Nos homes Antonio Serrat, como xa fixera no ano 2019 en As Pontes, conseguía o título galego no que supuxo a súa estrea co Real Club Celta. O vigués quitaba na línea de meta oito segundos ao segundo clasificado, o lucense do Lucus Caixa Rural Esteban Iglesia e vinte nove segundos a un incombustible Manuel Hurtado da Sociedad Gimnástica quen novamente e unha vez máis, logra un novo metal que engadir ao seu dilatado palmarés.
En ambas carreiras salientar as retiradas, sen consecuencias físicas, tanto de El Medhi El Naboaui como de Uxía Pérez quenes cos seus abandonos axustaban máis a loita por eses postos de medallas.
No resto de categorías tanto María Cedrón do ADAS Proinor como Juan Rejas do Atletismo Narón lograban os títulos autonómicos na categoría Sub23, sendo pola súa banda as atletas Antía Castro do Ourense Atletismo e Carlos López do C.D. Surco Lucena quenes se impuxeron na categoría Sub20.
Neste enlace poderás ver os Resultados / Clasificación