Novas medidas de Prevención derivadas do COVID-19

Ven de publicarse no DOGA do 4 de Novembro do  2020, as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da situación epidemiolóxica derivadas do COVID-19 para a Comunidade Autónoma de Galicia, polo que respecta ao Concello de Ribadavia no eido da actividade fisica e o deporte son as seguintes:

DEPORTE FEDERADO :

  • Mantense nas mesmas condicións actuais cos protocolos establecidos polas respectivas federacións nacionais ou autonómicas según os casos.

ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA:

  • As actividades nas INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, poderase facer de xeito individual ou colectivo, sen contacto físico, ata un máximo de 6 persoas sen contar ao monitor.

EVENTOS E COMPETICIÓNS CON PÚBLICO:

  • Deberá permanecer sentado cun máximo de 60 persoas en recintos pechados e 150 en recintos ao aire libre.