OBRA NO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Na Xunta Local de Goberno do 2 de Novembro de 2020 foi adxudicada á empresa Conecgal Instalaciones S.L. a obra para arranxos no Pavillon Municipal de Maquians, que está previsto comenzar a mediados do mes de Decembro debendo estar rematada o 31/12/2020. A obra consistirá en arranxos en distintas dependencias: vestiarios, lavabos, almacéns… etc. para solventar desperfectos na instalación derivados do uso según o informe emitido polo Servizo Municipal de Deportes con data de 12 de Marzo de 2018.

A execución das obras levarase a cabo facendo coincidir cas datas de nadal para causar o mínimos perxuizos aos usuarios desta instalación: Clases de Educación Fisica dos centros de ensino e clubes que desenvolven os seus adestramentos de luns a venres. Asemade o Consello Reitor celebrado o 9/11/2020 adoutou o acordo, mentras dure a crise sanitaria provocada pola COVID 19 a supresión da opción de alugueiro diste equipamento municipal co gallo de minimizar riscos.