O vindeiro luns, 12 de Setembro dará comezo o Programa de Actividades Físico-Deportivas para o curso 22/23, promovido polo Consello Municipal de Deportes.
De luns a sábado, en horario de mañá e serán, ofertanse distintas actividades dirixidas por técnicos especialistas (spinning, pilates, zumba, circuito hiit, adestramento funcional, aero-box… etc.).
Asemade reanudase o servizo de Adestrador Persoal con reserva previa. Ca posta en funcionamento da nova Sala de Adestramento Persoal e de Alta Intensidade, vaise permitir traballar cos usuarios de xeito individualizado ou en grupos reducidos. Con esta nova sala, como novidade, vaise introducir en horarios de serán, Venres ás 19:30 horas e tamén ás 20:30 horas; e mañá os Sábados de 10:00 a 11:00, a modalidade de CROSS-F-TRAINNING.
REQUISITOS: estar dados de alta como abonados ao Servizo Municipal de Deportes.
PLAN RIBADAVIA ACTIVA
En coordinación co Dpto. de E.F. do CEIP Ribadavia e da Fundación Deporte Galego dende o mes de Outubro botarán a andar os proxectos presentados dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA:
1. PROXECTO DAFIS.
2. PROXECTO RECREOS ACTIVOS/PATIOS DINÁMICOS.
3. PROXECTO MELLORA DA CONDICION FISICA PARA A SAÚDE.
4. PROXECTO DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA.
Proxectos, nesta primeira fase, destinados á poboación infantil.