VOLEIBOL

Máis de vinte nen@s participaron na xornada de promoción do VOLEIBOL que se levou a cabo o pasado 24 de xullo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, pola Federación Galega desta disciplina, incluída no programa de fomento do deporte 2024 promovido pola Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións.

A actividade que deu comezo ás 11:00 ata as 12:30 horas, estivo dirixida por técnicos da federación de Voleibol, e tivo un contido lúdico para dar a coñecer este deporte.