28ª DÍA DA BICI – NOVA DATA

DATA : 20 de Outubro do 2024

HORARIO : Saída as 11:00 h. da Praza Maior, pero previamente ás 10:00 h. entregaranse as mochilas e camisetas aos inscritos.

PERCORRIDO semiurbano:

Ribadavia – Francelos – San Cristovo – Ribadavia

Evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

A participación e libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban a través da webpressclub.laregion.es  entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.

Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro.

SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos