Celebrouse a 29 edición do DÍA DA BICI, actividade enmarcada dentro do Plan Ribadavia Activa que ten como obxetivo o fomento do uso da bicicleta a incentivar a actividade física entre a veciñanza. Tomaron parte na mesma entorno a 200 ciclistas de todas as idades que disfrutaron de unha xornada lúdico-deportiva, percorrendo un circuito semiurbano de 10 Km.
Concentrándose dende as 10:00 horas na Praza Maior para recoller as mochilas con auga e camisetas conmemorativas +Deporte La Región, tomando a saída as 11:00 horas dende a Plaza Maior, percorrendo Ribadavia, Francelos, San Cristovo, para voltar á Praza en torno das 12:30 horas.
Colaboraron no control da proba ao longo do percorrido, protección civil, policía local e voluntarios do Club Ciclista do Ribeiro.
Ao rematar, na Praza Maior levouse a cabo o sorteo de dúas bicicletas costeadas polo Concello de Ribadavia.


