8ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

DATA: DOMINGO 3 DE DECEMBRO DO 2023
HORARIOS POR CATEGORÍAS:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PERCORRIDO (CIRCUITOS)

CATEGORÍAS ABSOLUTAS:

CIRCUITO A: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Ribeiro, Cruce Serralleiro, Baixada ao Xestal, Camiño San Cristovo (Baixo Autovía), Área Recreativa A Veronza (Carril bici), Rúa Veronza, Camiño do río/Rúa Extramuros (senda peonil Avia/Miño), Rúa da Aldea (subida a Francelos), Rúa das Laxas, Camiño Ramal, Estrada Filgueira, Estrada Francelos, Rúa San Lázaro, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Portanova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, PrazaMaior.

CATEGORÍAS BASE:

CIRCUITO B: Praza Maior, Rúa García Penedo, Rúa Alcalde Meruendano, Rúa Progreso, Rúa Extramuros, Portanova, Rúa Porta Nova de Abaixo, Praza da Magdalena, Praza Buján, Rúa Merelles Caula, Praza Maior.

CIRCUITO C: Rúa Alcalde Meruendano, Rúa García Penedo, Praza Maior.

O circuito semiurbano de aproximadamente 10 Km para as categorías absolutas sendo a saída da proba absoluta as 11:00 horas con chegada na Praza Maior. Ás 12:15 pecharase o control de chegada para atletas da categoría absoluta.
As categorías: Sub16, Sub14 e Sub12 disputarán sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partir das 11:05 horas mentras se disputa a categoría absoluta.
As categorías Sub 08 e Biberóns tomarán a saída as 12:20 e 12:25 horas respectivamente sobre as distancias establecidas no CIRCUITO C.
Todo os atletas disporán de vestiarios no Centro Deportivo Municipal O Consello dende as 9:00 horas.
A entrega de premios será na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes ca coordinación e control da Federación Galega de Atletismo.