8ª SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – MINIBALONMÁN

O pasado venres 23 de maio, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participaron neste evento na modalidade de minibalonmán.
 
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos, e que se celebrou durante os días 22, 23 3 24 de maio en Expourense.
 
Está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Nesta ligazón poderás consultar os resultados do minibalonmán.