Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 10 de XUÑO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor ás 00.00 horas do 12 de xuño, e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (LETRA D)

«3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, recoméndase que os grupos non superen as 15 persoas como máximo de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e nos centros deportivos pechados, poderase realizar en grupos de ata 6 persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas cunha ocupación máxima do 50 %».

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 10 Xuño 2021