ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS – TEMPADA 21/22

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño atópase aberto o prazo para que todalas entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 21/22 para actividade de adestramentos e competicións podan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

 

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

Rematado o prazo de presentación de solicitude o Consello Municipal de Deportes emitirá unha proposta de resolución provisional que sometida a probación da Xunta Local de Goberno, dando aos interesados un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións o consello municipal de deportes emitirá informe de resolución definitiva que deberá ser sometida a probación da Xunta Local de Goberno.

Por último, asinarase convenio cas distintas entidades solicitantes para regular o uso da/s instalación/s solicitadas así como a subvención concedida.