O LUNS 21 de XUÑO abrirá ao público a piscina municipal de “A Veronza”, o acceso a mesma deberá facerse con PREVIA RESERVA, a través da web www.deportesribadavia.es, ou ben directamente nas oficinas do Consello Municipal de Deportes de luns a venres de 9:00 h. a 13:30 h.
HORARIO / QUENDAS
-QUENDA de MAÑÁ: 11:00 h. a 14:30 h.
-QUENDA de SERÁN: 16:30 h. a 20:45 h.
PREZO PÚBLICO (ORDENANZA nº 24 PREZO PÚBLICO)
ACCESO E RESERVAS
- O ACCESO A INSTALACIÓN FARASE PREVIA RESERVA :
-
-
- A TRAVÉS DA WEB www.deportesribadavia.es
- ACCEDENDO Á PESTAÑA DE «RESERVAS PISCINA». UNHA VEZ DENTRO PODERÁS «RESERVAR ENTRADAS«.
- SE ERES ABONADO INTRODUCES NOME E EMAIL, ELIXES O DÍA E A QUENDA E METES O NÚMERO DE ABONADO. RECIBIRÁS NO EMAIL O CÓDIGO QR.
- SE NON ERES ABONADO PODERÁS PAGAR ENTRADA DIARIA (XUVENIL 1,5 € / ADULTO 2,5 €) MARCANDO TIPO DE ENTRADA, NOME E APELIDOS, DNI E EMAIL. TAMÉN PODES PAGAR O TEU ABONO DA TEMPADA A TRAVÉS DA PESTAÑA «MERCAR ABONOS TEMPADA«.
- A TRAVÉS DA WEB www.deportesribadavia.es
-
-
-
- DIRECTAMENTE NAS OFICINAS DO SMD DE LUNS A VENRES (9:00 h. a 13:30 h.) OU CHAMANDO AO TLF.- 988471549.
-
- CADA USUARIO SOMENTE PODERÁ RESERVAR UN MÁXIMO DE SETE QUENDAS, DEBENDO ELEXIR ENTRE A QUENDA DE MAÑÁ OU DE SERÁN.
- OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS A PASAR POLO CONTROL DE ACCESO AO RECINTO DEBERÁN ACREDITAR A RESERVA DESCARGANDO CÓDIGO QR (AGÁS USUARIOS DE 0 A 2 ANOS).
- NO CONTROL DE ACCESOS PODERÁ SOLICITARSE A PRESENTACIÓN DO DNI PARA A SÚA COMPROBACIÓN.
- PENALIZACIÓN: OS USUARIOS ESTÁN OBRIGADOS A ANULACIÓN DA RESERVA DE NON FACER USO DA MESMA (A TRAVÉS DA PESTAÑA «ANULAR ENTRADAS«), A SEGUNDA INCOMPARECENCIA CONTINUADA LEVARÁ APARELLADA A PENALIZACIÓN PARA FACER USO DA INSTALACIÓN DURANTE UNHA SEMANA.
NORMAS XERAIS:
AFOROS:
- AFORO INSTALACIÓN : 60
- AFORO VASO ADULTOS : 60
- AFORO VASO INFANTIL : 14
- AFORO ZONA DE ESTADÍA-1 : 21
- AFORO ZONA DE ESTADÍA-2: 17
- AFORO ZONA DE ESTADÍA-3: 18
- AFORO ZONA DE ESTADÍA-4: 4
- DENTRO DOS VASOS E AREAS DE PRAIA DEBERASE RESPETAR EN TODO INTRE AS INDICACIÓNS DO PERSOAL SOCORRISTA.
- ANTES DE MERGULLARSE É OBRIGATORIO DUCHARSE.
- OBRIGATORIO USAR CALZADO DE BAÑO PERSOAL NAS AREAS DE PÉS DESCALZOS (ZONAS COMÚNS).
- PROHIBIDO ENTRAR NAS AREAS DE ESTADÍA E PRAIA CON CALZADO DA RÚA.
- PROHIBIDO CORRER NAS VEIRAS DOS VASOS.
- PROHIBIDO ENTRAR NAS ZONAS DE BAÑO A PERSOAS CON ENFERMIDADES INFECTO-CONTAXIOSAS.
- PROHIBIDO A ENTRADA DE ANIMAIS NAS INSTALACIÓNS AGÁS CANS GUÍA.
- PROHIBIDO COMER E BEBER NAS AREAS DE PRAIA.
- PROHIBIDO FUMAR EN TODO O RECINTO.
- PROHIBIDO DEIXAR DESPERDICIOS DENTRO DO RECINTO DA INSTALACIÓN.
NORMAS PREVENCIÓN COVID 19
(Normas que poden variar dependendo do nivel de restrición en cada intre)
- OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA: ZONAS DE ESTADÍA, ZONAS COMÚNS, VESTIARIOS, AGÁS NO INTRE DE ACCEDER AOS VASOS E AS DUCHAS.
- DISTANCIA DE SEGURIDADE: 1,5 m. AGÁS CONVIVINTES.
- DESINFECCIÓN DE MANS CON HIDROXEL: Á ENTRADA E SAÍDA AO RECINTO ASÍ COMO Á ENTRADA AOS VESTIARIOS.
- ENSERES PERSOAIS: CADA USUARIO FARASE RESPONSABLE DOS OBXETOS PERSOAIS QUE DEPOSITARÁ NAS AREAS DE ESTANCIA EN BOLSAS PERSOAIS PODENDO RECOLLER UN BOLSA NO CONTROL DE ACCESOS QUE DESVOTARÁ Á SAÍDA DO RECINTO.
- VESTIARIOS: SERÁN UTILIZADOS EXCLUSIVAMENTE PARA MUDARSE E ASEO PERSOAL, NON PODENDO DEIXAR NOS MESMOS OBXETOS PERSOAIS.
- AFORO VESTIARIOS:
VESTIARIOS MASCULINO: CAMBIADORES: 3 / DUCHAS: 2
VESTIARIOS FEMININO: CAMBIADORES: 3 / DUCHAS: 2
- CURSO DE NATACIÓN: QUEDA PROHIBIDO O ACCESO AO RECINTO DOS ACOMPAÑANTES. OS ALUMNOS EN CADA QUENDA SERÁN RECOLLIDOS POLO MONITOR/A NA ENTRADA AO RECINTO E DEVOLTOS AO REMATE DA MESMA .