Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

En aplicación do publicado no DOGA do 25/Xuño/2021 e na orde do 23/Setembro/2021 e do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no Consello Reitor  do Consello Municipal de Deportes celebrado o 14/Setembro/2020, en relación as medidas
de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia Medidas que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva. que entran en vigor as 00:00 horas do 25 de Setembro de 2021.

CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (D)

Actividade Fisica e deportiva non federada (Publicado no DOGA do 23/Setembro/2021 que modifica a orden do 25/Xuño/2021). A práctica da actividade física e deportiva non federada só se poderá realizarse de forma individual ou colectiva, coa utilización da máscara, dacordo co disposto no punto 1.4 do anexo da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respetar as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación.
Nas instalación e nos centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva  en grupos de ata dez persoas (10 persoas), sexan ou non conviventes, sen contar o  monitor , coa utilización da máscara e sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.
Deberanse establecer as medidas necesaria para procurar a distnacia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
Polo demais seguira sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021 , publicado no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021 e na orde do 9 de setembro do 2021, publicado no DOGA 175-BIS do 10 de  setembro do 2021