REFORMA NA CUBERTA E VESTIARIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Remataron as obras da 2ª Fase da reforma no Pavillón Municipal Maquiáns consistentes na sustitución do canalón da fachada norte, arranxo de pingueiras na cuberta e pintura e arranxo de varios elementos no vestiario 2.
Reforma adxudicada a unha empresa externa por un importe de 4561,7 €, financiada a o 50% entre o Concello de Ribadavia e o IES Ribadavia.