CERTIFICADO COVID. PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA PARA ACCESO A CENTROS DEPORTIVOS PECHADOS

CERTIFICADO COVID.
PRÁCTICA DA ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA PARA ACCESO A CENTROS DEPORTIVOS PECHADOS
DOGA, 17 de Decembro 2021

En aplicación do DOGA, BIS do 17/12/2021 OS USUARIOS DE CENTROS DEPORTIVOS PECHADOS PARA A PRÁCTICA DE ACTIVIDADE FÍSICA NON FEDERADA, DEBERÁN ATOPARSE NALGÚN DOS SEGUINTES SUPOSTOS:

PAUTA COMPLETA DE VACINACIÓN CONTRA A COVID-19.

RECUPERACIÓN DA INFECCIÓN POLA COVID-19 NOS ÚLTIMOS 6 MESES.

PROBA DIAGNÓSTICA NEGATIVA REALIZADA. NO CASO DA PCR (NAS ÚLTIMAS 72 h.). NO CASO DE TEST DE ANTÍXENOS (NAS ÚLTIMAS 48 h.).

A MEDIDA ENTRA EN VIGOR AS 00:00 HORAS DO 18 DE DECEMBRO DO 2021

DOGA Nº 241, Publicado o venres 17 de Decembro do 2021 na súa disposición segunda.

Segundo. Medida preventiva de seguridade sanitaria consistente na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para a práctica deactividade física ou deportiva non federada en centros ou instalacións deportivas pechadas ou en piscinas cubertas

1.- Para a práctica de actividade física e deportiva non federada, as persoas usuarias poderán acceder aos centros ou instalacións deportivas pechadas ou a piscinas cubertas, tanto públicas como privadas, sempre que as persoas maiores de 12 anos dispoñan dun certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do ordinal 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das seguintes circunstancias:
1º. Que recibiron a pauta completa dunha vacina contra a COVID-19 para a cal se concedeu unha autorización de comercialización, de conformidade co Regulamento (CE) 726/2004.
2º. Que dispoñen dunha proba diagnóstica negativa realizada nas últimas 72 horas, no caso das PCR, e 48 horas, no caso dos test de antíxenos. No caso dos test rápidos de antíxenos, deberán estar enumerados na lista común e actualizada de test rápidos de antíxenos da COVID-19 establecida sobre a base da Recomendación 2021/C 24/01, do Consello de Europa.
3º. Que o titular se recuperou dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses. Para iso, a persoa deberá ter sido diagnosticada como caso confirmado da COVID-19 hai 11 días ou máis mediante unha proba PCR, e non é válido outro tipo de test.
2. A medida preventiva de seguridade sanitaria, prevista no número anterior, establécese con fundamento na protección da saúde pública, ao abeiro do estipulado nas letras g) e k) do número 1 do artigo 38.1 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e, en particular, da regulación establecida nos artigos 7.2 e 15.12 da lei, e rexerase pola regulación establecida neste punto.
3. A medida adoptarase con carácter temporal, atendidos os principios científicos, as probas científicas e a información dispoñible neste momento, buscando asegurar un nivel elevado de protección da cidadanía, de acordo co establecido no artigo 38.ter da Lei 8/2008, do 10 de xullo.
A medida poderá ser revisada unha vez atendidas as probas e a información científica existentes en cada momento.
4. Ademais do establecido no número 1, os requisitos establecidos para o acceso consideraranse, para os efectos do establecido no número 1 do artigo 7 da Lei 10/2017, do 27de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, como condiciónsde seguridade sanitaria para garantir os dereitos do público asistente e de terceiras persoas afectadas, polo que, de acordo co número 2 do artigo 23 desta lei, as persoas
titulares dos establecementos ou o seu persoal terán a obrigación de realizar o control do cumprimento da medida de seguridade sanitaria, polo que non se permitirá o acceso das persoas que non exhiban a documentación requirida, que será necesaria para o acceso e
a prestación dos correspondentes servizos ao cliente.
5. Co obxecto de procurar a máxima garantía de privacidade e intimidade das persoas,a información a que se refire a medida preventiva só poderá ser solicitada para os efectos da súa mera comprobación ou verificación.
En particular, de acordo co principio expresado de velar pola máxima garantía da privacidadee da intimidade, a comprobación da validez dos certificados presentados, tantoen formato papel como en formato dixital, só poderá ser efectuada polos centros a travésda lectura do código QR que figura en cada un dos certificados, empregando para tal fina aplicación Passcovid da Comunidade Autónoma de Galicia, prevista na Orde da Consellería
de Sanidade do 18 de agosto de 2020, pola que se regula o sistema de información
Passcovid.gal como medida complementaria na xestión da crise sanitaria ocasionada polaCOVID-19, dispoñible nas plataformas Android e Ios. A comprobación efectuarase unicamente coa finalidade expresada de control de acceso.
Non se conservarán en ningún caso datos de carácter persoal nin se crearán ficheiros coneles. Polo tanto, non se realizarán en ningún caso operacións de tratamento sobre datospersoais, xa sexa por procedementos automatizados ou non, como a recollida, rexistro, organización, estruturación, conservación, adaptación ou modificación, extracción, consulta,utilización, comunicación por transmisión, difusión ou calquera outra forma de habilitación de acceso ou outra operación non permitida pola normativa vixente.
6. En todo caso, o persoal que poida ter acceso ou coñecemento da información está obrigado a manter o segredo e a confidencialidade sobre os datos persoais a que acceda,de acordo co establecido no número 4 do artigo 7 da Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, ou de acordo coa lexislación aplicable ao persoal sanitario, así como ao cumprimento do indicadono punto anterior.
7. De acordo co artigo 7.2 da Lei 8/2008, a medida seralles explicada aos afectados e ás afectadas de xeito comprensible. En particular, as persoas a que atinxe serán informadas, tanto verbalmente como a través de carteis visibles localizados na entrada do establecemento, de acordo cos modelos que determine a Consellería de Sanidade, das medidas aplicables e do seu contido, sobre o seu carácter necesario para o acceso, así como da non conservación dos datos persoais, a súa non integración en calquera tipo de ficheiros e a inexistencia de calquera tratamento ulterior, co fin de facilitar o coñecemento da dita información por parte dos seus destinatarios.
8. A posta en funcionamento da medida e o seu control respectarán, en todo caso, a dignidade da persoa. As actuacións de comprobación serán o menos intrusivas e invasivas que sexa posible para lograr o obxectivo de protección da saúde pública, procurando reducir ao mínimo as molestias ou inquedanzas asociadas coa medida, de acordo co disposto no artigo 38.ter.2.a) da Lei 8/2001.

 

A DIRECCIÓN