INFORMACIÓN NADAL 2021

♦ ACTIVIDADES NON DEPORTIVAS

Con motivo da celebración das actividades Ribanadal/Programa Concilia, promovidas polo Concello, a desenvolver na pista central do Polideportivo O Consello dende o 21 de Decembro ata o 5 de Xaneiro en horario de mañá e serán.

Ponse en coñecemento das entidades usuarias diste espazo que durante estas datas quedan suspendidas as actividades de adestramento como de competición na pista central.

Aquelas entidades interesadas en facer uso, nas mencionadas datas, do Pavillón Municipal Maquiáns en horarios distintos aos concedidos deberán solicitalo antes do 17 de Decembro ao Consello Municipal de Deportes a través da web www.deportesribadavia.es.

♦ PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES

ACTIVIDADES DIRIXIDAS: As clases dirixidas así como o servizo de Adestrador Persoal suspéndense dende o 22 de Decembro (inclusive) ata o 9 de Xaneiro.

♦ PECHE DA INSTALACIÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Esta instalación permanecerá pechada ao público os días 24, 25 e 31 de Decembro do 2021, e o 1, 5 e 6 de Xaneiro do 2022.