ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com
O 11 de Setembro, coincidindo coa celebración das Festas do Portal, terá lugar a Sétima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.
A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior, as categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partires das 11:00 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.
Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes contando nesta edición coa coordinación da Federación Galega de Atletismo.
Nesta ligazón están o Regulamento Xeral.