Os días 24 e 31 de xaneiro, vaise celebrar O COMARCAL na modalidade XOGANDO CO ATLETISMO, nas categorías alevín e benxamín na que tomarán parte todos os centros de ensino da comarca.
Esta modalidade incluída dentro do programa XOGADE, achega aos nen@s a práctica do atletismo dun xeito lúdico, aglutinando en distintas probas a motricidade na que se atopan baseados todas as disciplinas deportivas (correr, saltar e lanzar) na mesma atópanse incluídas varias probas:
- Carreira 10 x 10 metros.
- Lanzamento de xavelina branda.
- Triplo salto saíndo dende parado.
- Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza dende sentado.
- Salto lateral de obstáculo baixo.
Carreira de relevos:
- Gran Prix.
Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.
Cada centro deberá participar con equipos de un máximo de cinco nen@s.
A fase provincial de XOGANDO CO ATLETISMO será en marzo, á que accederán equipos procedentes das fases comarcais.
Nesta ligazón atópase a FOLLA DE INSCRICIÓN.
Nesta ligazón atópase o REGULAMENTO.