O martes 24 de xaneiro, nas instalacións do Novo Sintetico do Complexo Municipal O Xestal, celebrouse a primeira xornada na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO, incluida no programa XOGADE.
Tomaron parte na mesma máis de 150 nen@s dos centros: CPI RIBADAVIA, CEIP QUINS, CEIP LEIRO, CEIP AVIÓN, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP ARNOIA, CEIP CORTEGADA e CEIP CENLLE.
Todos os participantes en categoría ALEVÍN, a vindeira xornada será o martes, 31 de Xaneiro na que tomarán parte os mesmos centros en categoría BENXAMÍN.
Participaron nas probas:
- Carreira 10 x 10 metros.
- Lanzamento de xavelina branda.
- Triplo salto saíndo desde parado.
- Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
- Salto lateral de obstáculo baixo.
Carreira de relevos:
- Gran Prix
Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.
Os dous primeiros clasificados por equipos participaran o 9 de Marzo na Fase Provincial que se levara a cabo en Ourense na pista cuberta de EXPOURENSE.