EQUIPAMENTO E MATERIAL INVENTARIABLE INCORPORADO AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES

Despois da licitación adxudicada a PUNTO DEPORTE ASESORES, SL., tras presentar a mellor oferta por un importe de 16.456 € (IVA incluído), o material inventariable xa foi recibido e instalado conforme as condición estipuladas no prego de prescriccións técnicas. O destino do material foi o Centro Deportivo Municipal O Consello según proxecto presentado acollléndose á convocatoria de axudas da Secretaria Xeral para o Deporte convocado no DOGA do 27 de Marzo de 2023.

O proxecto presentado tiña como obxectivo, principalmente, satisfacer a demanda dos técnicos que prestan os servizos de actividades dirixidas, adestrador persoal e uso libre dos abonad@s na sala de musculación.