Deron comezo as actividades dirixidas incluídas no Programa municipal de Actividades físico-deportivas para o curso 25/26.
En horario de mañá impartiranse na pista central de CDM «O Consello», pola tarde as actividades lévanse a cabo do ximnasio de CEIP Plurilingüe Ribadavia. Nas mesmas poderán tomar parte os abonados inscritos ao Servizo Municipal de Deportes, dándose de alta no CDM «O Consello».
Tamén está aberto o prazo para solicitar praza na actividade infantil de «Escola de Baile» que dará comezo o 29 de Setembro en horario de tarde no ximnasio do CEIP Plurilingüe Ribadavia. A inscrición será nas oficinas do CDM «O Consello» ata o día 19 de setembro. Os criterios de adxudicación das prazas serán; 1º- Matriculados ou haber participado na actividade na tempada 24/25. 2º- Por riguroso orden de entrada/inscrición. O número máximo de prazas será de 15 nen@s/grupo. Unha vez cubertos os grupos, xenérase lista de espera.
A Sala de Musculación, instalada de xeito provisional, na planta 1ª do CDM «O Consello», está aberta de luns a venres para os abonados ao SMD en horario de mañá de 8:30 a 13:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 22:15 horas, así como o servizo de sauna.

