Xunto ao alcalde, César Fernández, e outros membros do goberno local, o presidente provincial, Luis Menor, visitou o Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Supervisou algunhas das actuacións clave financiadas en colaboración co concello. Un investimento estratéxico destinado a blindar o comercio local, potenciar o medio rural e erguer referentes deportivos como o Centro Deportivo Municipal “O Consello”, un espazo de vangarda que xa conta con máis de 1.200 abonados.
Luis Menor e César Fernández puxeron en valor a cooperación entre administracións para promover cambios esenciais para Ribadavia.
“Seguiremos traballando de forma estreita e coordinada para que Ribadavia continúe liderando o pulo socioeconómico, comercial e deportivo que merece esta comarca”, asegurou Luis Menor.



