11ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA

PARTICIPA !!! Último día para inscribirse o mércores 18 de Novembro.
 
Para a inscrición accede a esta LIGAZÓN: https://www.carreirasgalegas.com/…/xi-carreira…/Ll7x8YmO
 
AGASALLOS:
– Camiseta para todos os participantes.
– Categoría absoluta recibirán unha botella de viño da D.O. Ribeiro (Viña Costeira).
– Medallas aos 3 primeiros en todas as categorías.
 
O domingo 22 de Novembro, terá lugar a Undécima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se realizará sobre un circuito semiurbano, de 10 km. para a categoría absoluta.
 
A saída e meta, para todas as categorías será na Praza Maior. A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior. As categorías: Sub 16, Sub 14, Sub 12 e Sub 10 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello cunha distancia de 700 m., estas catro probas disputaranse a partires das 11:05 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
 
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido, ás 12:20 disputarse a competición para as categorías Sub 08 e ás 12:25 a de Biberóns.
 
Estará organizada polo Concello de Ribadavia / Consello Municipal de Deportes, e coa Coordinación Técnica da Federación Galega de Atletismo.
 
Na web www.deportesribadavia.es e www.carreirasgalegas.com pódese consultar o REGULAMENTO.