SESIÓNS DE ZUMBA E PILATES EN RIBADAVIA

Ribadavia foi un punto de encontró dunha xornada do programa de promoción deportiva de +Deporte (La Región) para exercitar corpo e mente.
As actividades +Deporte de fitness seguen demostrando que están de moda. O domingo 19 de xullo e o 23 de agosto, unha quincena de inscritos disfrutaron do pilates e zumba en Ribadavia.

Unha vez máis, a natureza e a tranquilidade da Área de A Veronza (Ribadavia) foi o escenario perfecto para ditas clases, que tiveron o obxectivo mezclar deporte, ocio e diversión. Ás 10:30 horas, arrancou unha «masterclass» de zumba impartida por Yedra Barrio, que puxo en funcionamento a todos os asistentes. Barrio deu paso á súa compañeira Paula Cao, que foi a encargada de dirixir unha sesión de pilates que puxo punto e final a unha mañá intensa de deporte na localidade ribadaviense.

No cumprimento do protocolo sanitario, os asistentes acudiron coa máscara posta e non a quitaron ata que o monitor llo indicou. Así mesmo, os participantes tiveron que lavar as mans con xel hidroalcólico antes de comezar o exercicio físico.