Novo servizo de Adestramento Persoal

EN QUE CONSISTE O SERVIZO:

  • Adestramento personalizado, monitor-alumno, a través dunha planificación e programación específica adaptada a cada usuario.
  • Planificación personalizada en función dos obxetivos do alumno: saúde, prevención de patoloxías, recuperación de lesións, estéticos, tecnificación para mellora do rendemento, probas físicas, etc.
  • Traballo individual personalizado.
  • Según preferencias do usuario: desenvolvemento das rutinas na propia instalación, en espazos ao aire libre ou no propio domicilio.
  • Asesoramento dietético.

METOLOXÍA:

  • Entrevista: personalizada con previa cita.
  • Avaliación da condición física: aptitude física, datos antropométricos, índice de masa graxa, posibles patoloxías, si fose o caso, informe médico, etc.
  • Adestramento: planificación según preferencias das sesións de traballo.
  • Asesoramento: presencial ou telemático.
  • Progresión: seguimento do traballo realizado polo alumno.
  • Reavaliación: revisión da programación cada 4/5 semanas.

A primeira cita é GRATUÍTA e levarase a cabo:

  • Unha anamnesis.
  • Unha primeira medición. Antropométría (porcentaxe de graxa, mas muscular, líquidos, etc.)
  • Unha entrevista previa.
  • Unha folla de ruta para poder valorar o número de sesións e as necesidades do cliente para poder así orientalo.