Voltan as Competicións Federadas despois de 6 meses de inactividade

Tras o parón provocado pola COVID-19, os nosos clubes voltan a competir, o que celebramos dende o Consello Municipal de Deportes. O deporte federado recupera a tensión da competición que é a súa razón de ser. Seguro que os xiareios das distintas entidades estarán ledos de voltar a animar aos nosos equipos.

O pasado domingo día 4, nas Instalacións de «O Xestal», o CLUBE DE TENIS RIBADAVIA enfrontouse aos tenistas do URECA de Vigo, dentro do Campionato Galego por Equipos de Veteranos +35 masculino, e o vindeiro encontro será o domingo 18 fora da casa contra o CLUBE TENIS PONTEAREAS.

Doutra banda, o equipo de Categoría da 1ª División Nacional de balonmán CARNES DO RIBEIRO, enfrontarase o vindeiro sábado 10 ás 18:00 horas ao SAR PLASTIC OMNIUM, no Pavillón «O Consello», tras gañar o primer partido de liga contra o CARBALLAL (Vigo) por 28-30.