O sábado día 13 de Novembro levarase a cabo a Segunda ANDAINA SAUDABLE dentro do programa «Andainas Saudables».
A saída serán dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 11:00 horas. Este circuito de intensidade moderada, percorrerá uns 6,5 km (ida e volta).
O circuito será: RIBADAVIA – FRANCELOS – RIBADAVIA.
A inscrición é aberta para tod@s (abonados e non abonados), a través das Oficinas do Pavillón, no Tfno.: 988471549 ou mediante o correo electrónico: smd@ribadavia.es.