APROBACIÓN NO PLAN DIRECTOR DE SUBVENCIÓNS 2022

No Consello Reitor ordinario de outubro celebrado o 4/Outubro/2021, aprobouse o plan director de subvencións para o 2022 baixo e reximen de concesión nominativa. Documento que regula a concesión de subvencións a entidades deportivas para  o exercicio 2022, sendo o periodo de avaliación que corresponde a tempada 21/22 dende o 1 de setembro do 2021  ao 30 de agosto do 2022. A dotación proposta que deberá ser contemplada no orzamento xeral do Concello para o exercicio 2022 ascende a vintesete mil novecentos euros (27900 €). O plan recolle a subvención a catro programas a desenvolver ao longo da tempada :

  1. PROGRAMA CLUBES / ENTIDADES DEPORTIVAS: Vai destinado aos clubes que participan en competicións federadas para sufragar os gastos derivas da participación nas mesmas.
  2. PROGRAMA ESCOLAS DEPORTIVAS: Vai destinado a docencia e fomación de xogadores nas primeiras etapas de aprendizaxe, pondo en valor principalmente o número de licenza federativas en categorías base e a formación e cualifación dos técnicos responsables das mesmas.
  3. PROGRAMA EVENTOS FISICO-DEPORTIVOS: Poderán acceder a iste programa as entidades que desenvolvan a longo da tempada eventos primando na mesma a categoría do evento a celebrar o impacto social do mesmo e si esta destinado a participación de categorías base.
  4. PROGRAMA MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS / EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS: Iste programa vai destinado a aquelas entidades deportivas que colabores co consello municipal de deportes nos traballos de mantemento de algún dos equipamento deportivos do concello .