Autor: smd ribadavia
PISCINA MUNICIPAL A VERONZA. PECHE TEMPORAL DA INSTALACIÓN
Por motivo da celebración da «Festa da Istoria» acórdase o peche ao público da instalación Piscina Municipal A Veronza, os días 31 de Agosto e 1 de Setembro.
Voltando a abrir o luns 2 de Setembro.
TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL 2024
Os vindeiros días 6, 7 e 8 de Setembro celebraráse nas pistas de tenis do Complexo Deportivo O Xestal o Torneo de Tenis «Festas do Portal».
O derradeiro día de inscrición será o 29 de Agosto a través do email tenisribadavia@gmail.com, incluíndo datos e teléfono de contacto.
VOLEIBOL
Máis de vinte nen@s participaron na xornada de promoción do VOLEIBOL que se levou a cabo o pasado 24 de xullo nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, pola Federación Galega desta disciplina, incluída no programa de fomento do deporte 2024 promovido pola Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións.
A actividade que deu comezo ás 11:00 ata as 12:30 horas, estivo dirixida por técnicos da federación de Voleibol, e tivo un contido lúdico para dar a coñecer este deporte.


CAMPIÓN DE ESPAÑA EN C2 MIXTO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESAS PIRAGÜISMO
O padexeiro ribadaviense David Davila Rodríguez, con ficha no Club de Mar Ría de Aldán – GANDÓN S.A., ven de participar no Campionato de España de Xoves Promesas (infantil e cadete) que se disputou esta fin de semana en Verducido (Pontevedra).
Participou en tres probas acadando un sexto posto en C1, a cuarta praza en C2 co seu compañeiro Manu e o primeiro posto, e campións de España, en C2 mixto coa súa compañeira Cristina.
Parabéns David Davila.
SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR MASCULINA CAMPIONA DE EUROPA
A selección española Junior de balonmán que levou a cabo parte da súa preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia no mes de Marzo en Ribadavia, inagurando o novo pavimento do CDM O Consello e disputando o Torneo Internacional contra a Selección Absoluta de Estados Unidos, ven de proclamarse campiona de Europa ao vencer na final a Portugal, logo de superar no campionato aos combinados de Francia, Suiza, Islas Feroe, Austria, Islandia e Dinamarca.
Parabéns aos Hispanos Junior.







CAMPUS DE FÚTBOL RIBADAVIA ATL.
O venres 12 de xullo, rematou o CAMPUS DE FÚTBOL ca presenza do Concelleiro de Deportes D. Javier Pousa Carrera, promovido pola entidade RibadaviaAtl..
Actividade que se levou a cabo nas instalacións muncipais do Complexo Deportivo O Xestal. A mesma estivo divida en dúas semanas nas que participaron 25 nen@s na primeira semana e 23 nen@s na segunda.



CURSO NATACIÓN – GRUPOS AGOSTO
O luns, 1 de Agosto, darán comezo os grupos de Agosto do CURSO DE NATACIÓN 2024.
O curso lévase a cabo na instalación da piscina municipal A Veronza en horario de luns a venres distribuido en tres grupos nos seguintes horarios:

VOLEIBOL RIBADAVIA
Dentro do Programa de Fomento do Deporte 2024 da Deputación de Ourense en colaboración cas respectivas federacións vaise a celebrar en Ribadavia o mércores 24 de Xullo, nas instalacións do Centro Deportivo Municipal O Consello, en horario de 10:30 a 13:30 horas, unha Xornada de Promoción na modalidade de VOLEIBOL.
A actividade é de balde. Os interesados deben inscribirse a través do código QR que aparece no cartel.

CLUB CICLISTAS DO RIBEIRO, QUEDADA BTT
Organizado polo Club Ciclistas do Ribeiro o 5 de Xullo continúan as «Quedadas de BTT», esta vez coa «KEDADA NOCTURA».
O percorrido con saída en «A Veronza» será coa Ruta polo Coto, cunha dificultade «media» e moi importante levar lanterna.
Para apuntarse, facelo a través do correo: ciclistasdoribeiro@gmail.com