O sábado día 20 de Novembro levarase a cabo a Cuarto CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.
O sábado día 20 de Novembro levarase a cabo a Cuarto CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.
O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de novembro para o vindeiro luns 22 de Novembro de 2021, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 4 de Outubro de 2021 e a aprobación da proposta da sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes para o exercicio 2022.
Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

No polideportivo O Consello (12/Novembro/2021; 11:00 horas) celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación escolar O Ribeiro, a que estaban convocados todos os centros de ensino da comarca. O presidente dá traslado aos presentes dos contidos do programa XOGADE para iste curso a desenvolver na nosa zona, adoitando os seguintes acordos:
•Comarcal de Campo a través escolar (clasificatorio para o provincial) a celebrar o vindeiro 26/Novembro/2021 nas instalacións de O Xestal/área recreativa A Veronza.
•Programa de actividades para o curso 21/22: a establecer a partir de Xaneiro: bádminton, multixogo, multideporte (baloncesto, balonmán, fútbol-sala) xogando co atletismo, piragüismo dragóns e orientación.
•Presentación da plataforma DAFIS ferramenta incluida no Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia. Foi presentada por D. José Moreda (Lcdo. Educación Fisica/ Dpto. IES Ribadavia).
O sábado día 13 de Novembro levarase a cabo a Segunda ANDAINA SAUDABLE dentro do programa «Andainas Saudables».
A saída serán dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 11:00 horas. Este circuito de intensidade moderada, percorrerá uns 6,5 km (ida e volta).
O circuito será: RIBADAVIA – FRANCELOS – RIBADAVIA.
A inscrición é aberta para tod@s (abonados e non abonados), a través das Oficinas do Pavillón, no Tfno.: 988471549 ou mediante o correo electrónico: smd@ribadavia.es.
O sábado día 6 de Novembro levarase a cabo a Terceiro CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.
O sábado día 23 de Outubro levarase a cabo a Segundo CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.
O sábado día 16 de Outubro levarase a cabo a Primeiro CIRCUITO SAUDABLE.
Será unha clase dirixida no exterior (Area Recreativa A Veronza) con saída dende o Pavillón «O Consello» ás 10:30 horas.
No Polideportivo O Consello, logo da xuntanza mantida o 27/Setembro/2021 en Ourense na delegación provincial da Secretaria Xeral para o Deporte polos presidentes de zona, celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación Escolar O Ribeiro, na estaban convocados todos os centros de ensino da comarca, para dar a coñecer o programa XOGADE (xogos deportivos en idade escolar) para o curso 21/22. A xuntanza foi presentada polo coordinador provincial de deporte escolar D. Carlos Bericat e o presidente da agrupación escolar de zona D. José Manuel Perez.
Asemade da presentación do programa acordouse establecer a data do 26 de Novembro para a celebración da 1ª fase do comarcal de campo a través e convocar outra xuntanza a primeiros de Novembro para establecer o calendario definitivo ata o mes de xuño.
No Consello Reitor ordinario de outubro celebrado o 4/Outubro/2021, aprobouse o plan director de subvencións para o 2022 baixo e reximen de concesión nominativa. Documento que regula a concesión de subvencións a entidades deportivas para o exercicio 2022, sendo o periodo de avaliación que corresponde a tempada 21/22 dende o 1 de setembro do 2021 ao 30 de agosto do 2022. A dotación proposta que deberá ser contemplada no orzamento xeral do Concello para o exercicio 2022 ascende a vintesete mil novecentos euros (27900 €). O plan recolle a subvención a catro programas a desenvolver ao longo da tempada :
No Consello Reitor ordinario de outubro celebrado o 4/Outubro/2021, o presidente deu conta, entre outros da revisión da ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais aprobado no pleno ordinario de Setembro celebrado o 30/Setembro/2021. Dunha banda polo que afecta a instalación de o novo sintetico do complexo O Xestal regulando dunha banda a posibilidade de aluguer de F-11 ou F-8 tanto para adestramentos como para competicións e adaptando o prezos de aluguer aos existentes niste tipo de instalacións do noso entorno para diste xeito propiciar que equipos de veteranos, grupos de empresa e interesados en xeral de Ribadavia e comarca fagan uso da nosa instalación no canto de desplazarse a outros concellos por cuestión de interés económico. Doutra banda tamén se incorpora unha nova taxa por uso diario da instalación P. O Consello , demandada por usuarios que se atopan de vacacións ou de xeito puntual en Ribadavia dispondo ata o de agora somente do aboamento mensual ou anual.