INSTALACIÓN DE NOVO VIDEOMARCADOR NO POLIDEPORTIVO O CONSELLO

No Consello Reitor ordinario de outubro celebrado o 4/Outubro/2021, o presidente deu conta, entre outros, de que foi concedida unha subvención por parte da Secretaria Xeral para o Deporte para a instalación de un video marcador no P. O Consello, subvención que ascende a vintemil euros (20.000 €), sendo o custe total da instalación de vinteoito mil catrocentos noventa e cinco con cinco (28495,5 €) o restante a aportar por parte do Concello. Foi aduxidicado a empresa MONDO IBERICA , tendo esta un mes de prazo para a súa instalación, correndo por conta do Concello as conexións de preinstalación e mellora da plataforma para grabación de encontros estando previsto mellorar a conexión wiffi na planta 1ª de O Consello. Iste equipamento vira a mellorar o servizo que se da aos clubes principalmente na súa actividade de competición para as retransmisión en streaming dos encontros, tramites federativos telemáticos e máis vistosidade de cara aos usuarios espectadores.

ANDAINA SAUDABLE – SÁBADO 9 OUTUBRO

O sábado día 9 de Outubro levarase a cabo a Primeira ANDAINA SAUDABLE dentro do programa «Andainas Saudables«.

A saída será dende a entrada ao Pavillón «O Consello» ás 11:00 horas. Este circuito de intensidade lixeira, percorrerá uns 4,5 km (ida e volta).

O circuito será: RIBADAVIA – SAN CRISTOVO – RIBADAVIA.

A inscrición é aberta para tod@s (abonados e non abonados), a través das Oficinas do Pavillón, no Tfno.: 988471549 ou mediante o correo electrónico: smd@ribadavia.es.

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

En aplicación do publicado no DOGA do 25/Xuño/2021 e na orde do 23/Setembro/2021 e do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no Consello Reitor  do Consello Municipal de Deportes celebrado o 14/Setembro/2020, en relación as medidas
de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia Medidas que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva. que entran en vigor as 00:00 horas do 25 de Setembro de 2021.

CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (D)

Actividade Fisica e deportiva non federada (Publicado no DOGA do 23/Setembro/2021 que modifica a orden do 25/Xuño/2021). A práctica da actividade física e deportiva non federada só se poderá realizarse de forma individual ou colectiva, coa utilización da máscara, dacordo co disposto no punto 1.4 do anexo da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, os grupos deberán respetar as limitacións de grupos de persoas que puidesen resultar de aplicación.
Nas instalación e nos centros deportivos pechados poderase realizar actividade deportiva  en grupos de ata dez persoas (10 persoas), sexan ou non conviventes, sen contar o  monitor , coa utilización da máscara e sempre que non se supere o setenta e cinco por cento da capacidade máxima permitida.
Deberanse establecer as medidas necesaria para procurar a distnacia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.
Polo demais seguira sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021 , publicado no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021 e na orde do 9 de setembro do 2021, publicado no DOGA 175-BIS do 10 de  setembro do 2021

REFORMA NA CUBERTA E VESTIARIO DO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Remataron as obras da 2ª Fase da reforma no Pavillón Municipal Maquiáns consistentes na sustitución do canalón da fachada norte, arranxo de pingueiras na cuberta e pintura e arranxo de varios elementos no vestiario 2.
Reforma adxudicada a unha empresa externa por un importe de 4561,7 €, financiada a o 50% entre o Concello de Ribadavia e o IES Ribadavia.

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

En aplicación do publicado no DOGA do 25/Xuño/2021 e na orde do 9/Setembro/2021 e do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes celebrado o 14/Setembro/2020, en relación as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Medidas que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físicodeportiva que entran en vigor as 00:00 horas do 11 de Setembro de 2021.

CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (D)

Competicións Deportivas con Público: (Publicado no DOGA do 10/Setembro/2021 que modifica a orden do 25/Xuño/2021).

As competicións celebradas en instalacións cunha capacidade máxima igual ou inferior a 1500 persoas, poderán desenvolverse sen superar o 75% da capacidade permitida sempre que o público permaneza sentado, garantindo 1,5 metros de separación entre non convivintes e cun límite máximo de 500 persoas en recintos pechados e 1000 persoas en actividades ao aire libre.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que debera ser custodiado durante o mes seguinte, coa información de contacto, disponible para as autoridades sanitarias , e cumprir coas normas de protección de datos de carácter persoal.
Deberas realizarse tarefas de ventilación nas instalación cubertar por espazo de polo menos 30 minutos antes e ao final de cada xornada, asi como de forma frecuente durante esta, e de xeito obrigatoriamente ao finalizar cada actividade.
Polo demáis seguirá sendo de aplicación o recollido na orden do 25 de xuño do 2021 , publicado no DOGA, 120-BIS de 25 de Xuño do 2021.

Actividade Deportiva Federada:
De ámbito autonómico, axustarase aos corrrespondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.
A nivel nacional desenvolveranse de acordó co establecido pola Administración competente e conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
Respecto ao uso de vestiarios e aseos , poderase utilizar o 100% naqueles que dispoñan de cabinas ou o 50% senon dispoñen delas.

Celebración de eventos deportivos:
Non poderan superar o 75% da capacidade, sempre que o público asistente permaneza sentado e cun limite máximo de cincocentas (500) persoas en instalacións pechadas e mil (1000) persoas en instalacións ao aire libre.
Os organizadores de eventos e actividades deportivas non federadas, como CAMPUS DEPORTIVOS,CAMPAMENTOS DEPORTIVOS OU ACTIVIDADES ANALOGAS, deberán contar cun protocolo COVID-19 especifico, que sera trasladado a autoridade competente e comunicado aos seus participantes.
Os protocolos, elaborados baixo a responsabilidade dos organizadores, deberán axustarse, con caracter mínimo, aos requirimentos que sexan de aplicación a concreta modalidade deportiva segundo establecido nos protocolos aprobados consonte a Resolución do 15 de xuño de 2020, da Secretaria Xeral para o deporte, pola que se aproba o protocolo Fisicovid-Dxtgalego.

No caso de eventos realizados en recintos, sexan pechados ou ao aire libre , deberá existir un rexistro de asistentes e custodialo durante un mes despois do evento, con información do contacto disponible para as autoridades sanitarias e cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

ABERTO O PRAZO INSCRICIÓN DE PSICOMOTRICIDADE

Ábrese o prazo de inscrición d@s nen@s para as actividades infantís que comezarán en Outubro.

«Psicomotricidade» para nen@s entre os 3 e os 6 anos, os Mércores e Venres ás 17:30 horas.

Para efectuar a inscrición e máis información acudir ás oficinas do Pavillón «O Consello», ou descargar modelo e presentalo nas oficinas ou envialo a smd@ribadavia.es

 

Pinchar aquí para descargar Modelo Inscrición

 

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

O luns día 13 bota a andar o novo curso 21/22 ca oferta de actividades físico-deportivas promovidas polo Consello Municipal de Deportes. Que constan de programa adultos, programa infantil, servizo de adestrador persoal e o uso libre das instalacións, iste ano como novidades ofertase os sábados en horario de mañá:

  • CIRCUITOS SAUDABLES : Actividade dirixida ao aire libre que se desenvolverán inicialmente na área recreativia A Veronza e no complexo Deportivo O Xestal.
  • ANDAINAS SAUDABLES : Con caracter mensual/quincenal, os circuitos saudables compleméntase cun programa de andainas saudables, alternando dúas propostas (incluídas no plan Galicia Saúdable) CIRCUITO I de intensidade moderada de 6,5 Km. Ribadavia – Francelos – Ribadavia; CIRCUITO II de intesidade lixeira de 4,5 Km.  Ribadavia – San Cristovo – Ribadavia.

Esta programación vai dirixida a todolos cidadans, e ten como obxectivo o incremento da actividade fisica entre a poboación en xeral tendo como finalidade principal a saúde .

 

Aquí poderás descargar o PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 21/22

 

 

MIZUKAMI ESCOLA DE KARATE SHOTOKAN

Fai 18 anos, o maestro Juan Manuel Pazos Martínez, cuarto dan de KarateFEK, experto en Defensa Persoal, con case 50 anos de práctica e 30 como profesor, Ex-campéon galego, finalista de Cto. de España, Bronce no Cto. de España por equipos SKI… etc.

Fundou o Club Mizukami, incrito aos dous anos na Federación Galega de Karate. Dende entón ata hoxe fourmou e titulou a tod@s @s cinturóns negro, primero e segundo dan da comarca do Ribeiro. No plano deportivo son máis de 60 os podiums obtidos en campionatos provincial, autonómico, nacioanl e internacional, dende benxamín ata senior, en kata e kumite.

Durante o último ano, a pesar das medidas anticovid, conseguiron 5 podios autonómicos e 1 a nivel nacional (bronce en liga nacional, benxamín masculino), sendo o único club da provincia de Ourense con dito resultado.

Se queres informarte ou inscribirte no próximo Curso 21/22, faino directamente no teléfono 655512263, ou nas oficinas do Pavillón «O Consello» de Ribadavia.

 

HORARIOS:

  • KARATE TRADICIONAL E DEPORTIVO: LUNS, MÉRCORES E VENRES (De 15:00 a 22:00 horas, según idades). A partires dos 5 anos de idade.

INSTRUTORES:

-JUAN MANUEL PAZOS MARTÍNEZ (4º Dan Karate FEK).

-PORTAL CHAO DGUEZ. Diplomada en Psicoloxía. Ex-competidora. (2º Dan de Karate FEK).

-NOEL PAZO GLEZ. Ex-competidor Kata/Kumite. (2º Dan Karate FEK)

  • GOSHIN (DEFENSA PERSOAL): MARTES E XOVES (De 18:30 a 20:30 horas). Horario provisional. 

 

COMEZO DE TEMPADA 21/22; o 1 de Setembro.