XOGANDO CO ATLETISMO 2022 – COMARCAL

Dentro do programa XOGADE  da Secretaria Xeral para o Deporte, organizado pola Agrupación Escolar O Ribeiro, vanse celebrar na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO as dúas xornadas clasificatorias para o provincial que terá lugar o 17 de Marzo nas instalacións da pista cuberta de atletismo de EXPOURENSE.

As dúas xornadas celebraranse na pista central do Polideportivo O Consello, en horario de 10:00 a 13:30 horas.

 

Nesta ligazón atoparás o Regulamento.

II XORNADA DA LIGA GALEGA INFANTIL DE KÁRATE

 

 

 

 

 

 

 

 

Celebrouse o domingo 20 de febreiro, a II XORNADA DA LIGA GALEGA INFANTIL DE KÁRATE na que tomaron parte karatekas de 26 clubs de toda Galicia nas categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Deron comezo as competicións nas disciplinas de cata e kumite, as 10:00 horas para rematar as 20:00 horas. A Federación Galega de Kárate dispuxo de 4 tatamis na pista central de O Consello polos que pasaron casi 400 karatekas.

Achegamos clasificación nesta ligazón

 

KÁRATE – II XORNADA DA LIGA GALEGA

Competición, na que tomarán parte 26 clubs galegos en categorías base. Logo da 1ª Xornada celebrada en Ferrol esta 2ª xornada terá lugar en Ribadavia.
O total de participantes serán 400 karatekas de toda Galicia, nas categorías prebenxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete, dentro das modalidades de kata e kumite.
O horario do evento será dende as 10:00 h. ata as 15:00 h., e de dende as 16:30 h. ata as 20:30 h., e está organizado pola Federación Galega de Kárate en colaboración co Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.

FINAL PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Organizado polo Servizo Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte e a Agrupación Escolar O Ribeiro, ca colaboración do Concello de Ribadavia levouse a cabo o domingo 13 o Campionato Provincial Escolar de Campo a Través no circuito da Veronza do Complexo deportivo O Xestal.
Clasificatorio para o Cpto. Galego que terá lugar o vindeiro fin de semana en Lugo para o que se clasificaron os dez primeiros en individual e os dous primeiros por equipos.

 

Resultados/Clasificación:

CADETES:

INFANTÍS:

ALEVÍNS:

BENXAMÍNS:

ESCRITO DE ADHESIÓN DAS ENTIDADES DEPORTIVAS, USUARIOS E CIDADANÍA PARA Á REFORMA INTEGRAL DO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO

Logo do acordo acadado polo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes, celebrado o 7 de Febreiro do 2022, para remitir un escrito a Secretaria Xeral para o Deporte e a Deputación de Ourense, instando a ambas institucións á Reforma Integral da instalación Polideportivo O Consello, instalación con 35 anos de antigüidade, que precisa dunha reforma para adecuar este equipamento ás demandas actuáis así como o arranxo de deficiencias importantes que están a afectar aos usuarios.
E polo que, se prega, que se adhiran a este documento (asinando o mesmo) as distintas entidades deportivas, usuarios e cidadanía en xeral.
Todo os interesados en asinar poderán facelo nas oficinas do SMD (Pavillón Municipal O Consello) ou a través da web www.deportesribadavia.es / ASINA PARA
MELLORAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS, ata o vindeiro 18/Febreiro/2022.

 

Enlace Escrito de Adhesión

Enlace Acta Consello Reitor 7/2/2022

 

 

 

FINAL PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

O vindeiro domingo 13 de febreiro do 2022, nas instalacións do Complexo Deportivo Municipal “O Xestal”/Circuito A Veronza vaise celebrar a final provincial escolar na modalidade de campo a través na que tomarán parte nen@s de toda a provincia nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete. Proba que será clasificatoria para o Campeonato Galego Escolar que se vai celebrar o vindeiro 26 de Febreiro en Lugo. O evento está organizado polo Servizo Provincial da Secretaria Xeral para o Deporte en coordinación ca Agrupación Escolar O Ribeiro, contando ca colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes.

 

Ligazón: Regulamento da proba

 

 

 

Convocatoria do Consello Reitor do Consello Munipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de febreiro para o vindeiro luns 7 de febreiro de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes están a renovación (si pocede) do borrador do contrato de prevención e control de lexionella a INSAdes SL, renovación (si procede) do contrato de suministro de material de limpeza IRAGO, SL, renovación (si procede) do contrato mixto de suministro de pellets e mantemento caldeira de biomasa dO Consello e Maquiáns, aprobación (si procede) do borrador do Convenio ca Delegación Ourense da Consellería de Educación para a xestión do Maquiáns e aprobación (si procede) da proposta da sección orzamentaria do CMD para o 2022.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

I CROSS VILA DE RIBADAVIA

   

   

 

Esther Navarrete do F.C. Barcelona e Antonio Serrat do Real Club Celta proclamáronse gañadores galegos absolutos do Campionato Xunta de Galicia de Campo a Través disputado por quinta vez no fermoso circuito de A Veronza pertencente ao Concello de Ribadavia.

Baixo un excelente día a nivel climatolóxico para a disputa do campionato, a internacional viguesa do club blaugrana, lograba unha traballada victoria -o seu terceiro campionato logo das edicións de 2015 en Monforte e 2017 en Ribadavia- logo de manter un man a man ca lucense do Lucus Laura Santos quen finalmente lograba o subcampionato a vinte catro segundos da vencedora. María Cedrón do ADAS Proinor, completaba o podio femenino nunha pelexada e traballada carreira.

Nos homes Antonio Serrat, como xa fixera no ano 2019 en As Pontes, conseguía o título galego no que supuxo a súa estrea co Real Club Celta. O vigués quitaba na línea de meta oito segundos ao segundo clasificado, o lucense do Lucus Caixa Rural Esteban Iglesia e vinte nove segundos a un incombustible Manuel Hurtado da Sociedad Gimnástica quen novamente e unha vez máis, logra un novo metal que engadir  ao seu dilatado palmarés.

En ambas carreiras salientar as retiradas, sen consecuencias físicas, tanto de El Medhi El Naboaui como de Uxía Pérez quenes cos seus abandonos axustaban máis a loita por eses postos de medallas.

No resto de categorías tanto María Cedrón do ADAS Proinor como Juan Rejas do Atletismo Narón lograban os títulos autonómicos na categoría Sub23, sendo pola súa banda as atletas Antía Castro do Ourense Atletismo e Carlos López do C.D. Surco Lucena quenes se impuxeron na categoría Sub20.

 

Neste enlace poderás ver os Resultados / Clasificación

 

PRESENTACIÓN DO I CROSS VILA DE RIBADAVIA – LXXXVI CPTO. XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS

Ca presenza da Alcaldesa Dna. Noelia Rodriguez Alejos, o Presidente da Federación Galega de Atletismo D. Isidoro Hornillos Baz, o Concelleiro de Deportes D. Enrique Rodriguez Alejos e o Delegado en Ourense da FG Atletismo D. Ángel Fidalgo Vázquez, o día 4 de xaneiro ás 12:00 horas, no salón de plenos do Concello de Ribadavia tivo lugar a presentación do I CROSS VILA DE RIBADAVIA – LXXXVI CPTO. XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS.

Neste enlace pódese ver o vídeo da Presentación 

I CROSS VILA DE RIBADAVIA – LXXXVI CPTO. XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS

I CROSS VILA DE RIBADAVIA

LXXXVI CPTO. XUNTA DE GALICIA ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVÉS

 

O Concello de Ribadavia ven de asinar un convenio ca Federación Galega de Atletismo para organizar o 1º CROSS VILA DE RIBADAVIA que se vai a celebrar o vindeiro 9/Xaneiro/2022 no Circuito A Veronza e Complexo Deportivo Municipal O Xestal. Logo dunha longa traxectoria organizando no circuito a Veronza distintos campeonatos de campo a través, iste vai ser o primeiro aberto a participación popular que se manterá en vindeiras edicións, co gallo de acadar un evento ao xeito de outros (Cross de Haro, Cross Italica de Sevilla, Cross de Soria, Cross Venta de Baños etc.) tentando convertir A Veronza nun circuito permanente, independentemente do campeonato puntual que se acorde en cada edición ca Federación de Atletismo.

Nesta primeira edición acollerá o LXXXVI CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA de categorías absolutas, clasificatorio para o Campeonato de España que terá lugar o 31/Xaneiro/2022 en Jaén.

Programa de probas:

  • 9:50 h. u14 Masculina (1,5 km.)
  • 10:05 h. u14 Feminina (1,5 km.)
  • 10:20 h. u16 Masculina (2,5 km.)
  • 10:35 h. u16 Feminina (2,5 km.)
  • 10:50 h. POPULAR MASCULINA e u18 Masculina (4 km.)
  • 11:15 h. POPULAR FEMININA e u18 Feminina (4 km.)
  • 11:40 h. u20 Masculina (5 km.)
  • 12:10 h. u20 Feminina (5 km.)
  • 12:40 h. Absoluta Masculina (9 km.)
  • 13:30 h. Absoluta Feminina (9 km.)

Inscricións:

  1. Clubs atletas federados: a través da EXTRANET da RFEA, ata as 20:00 h. do 4/Xaneiro.
  2. Atletas populares: a través da web www.carreirasgalegas.com, ata as 20:00 h. do 4/Xaneiro.

Máis información e inscricións:

● Consello Municipal de Deportes de Ribadavia:

www.deportesribadavia.es

● Federación Galega de Atletismo:

www.atletismo.gal

● Carreiras Galegas – Federación Galega de Atletismo:

www.carreirasgalegas.com

 

Na seguinte ligazón podes ver o REGULAMENTO 1er Cross Vila de Ribadavia