CONVOCATORIA PROGRAMA EBICI DA XUNTA

Desde a Xunta de Galicia, lanzouse unha nova convocatoria de axudas dentro do programa EBici, cuxo obxectivo é promover a mobilidade sostible na nosa comunidade.

Este programa ofrece subvencións para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, co fin de fomentar unha mobilidade máis ecolóxica e accesible.

As solicitudes están abertas ata o 13 de novembro de 2026 ou ata esgotar os fondos dispoñibles.

Podedes pinchar nesta ligazón para máis información.

CURSO DE NATACIÓN 2025 – NEN@S ADMITID@S XULLO E AGOSTO

Faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.

Tod@s @s admitid@s, teñen de prazo dende o 2 ata o 6 de xuño para facer reserva definitiva da praza para o que deberán formalizar o aboamento da matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.

Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Centro Deportivo Municipal «O Consello». O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

 

 

 

 

 

Nesta ligazón podes descargar a autoliquidación.

 

 

8ª SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – MINIBALONMÁN

O pasado venres 23 de maio, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participaron neste evento na modalidade de minibalonmán.
 
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos, e que se celebrou durante os días 22, 23 3 24 de maio en Expourense.
 
Está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Nesta ligazón poderás consultar os resultados do minibalonmán.
 
 
 
 
 
 
 

CURSO DE NATACIÓN 2025 – NEN@S ADMITID@S XULLO E AGOSTO

Faise público a relación de admitid@s para os meses de Xullo e Agosto.

Tod@s @s admitid@s, teñen de prazo dende o 2 ata o 6 de xuño para facer reserva definitiva da praza para o que deberán formalizar o aboamento da matrícula, según o prezo público aprobado na Xunta Local de Goberno do 18/Maio/2021.

Para o que deberán descargar a autoliquidación da web www.deportesribadavia.es, enviala ao email smd@ribadavia.es ou entregala presencialmente nas oficinas do Centro Deportivo Municipal «O Consello». O pago será domiciliado, polo que a autoliquidación entregarase vía email ou presencialmente nas oficinas, en ningún caso se entregará no banco.

 

 

 

 

 

Nesta ligazón podes descargar a autoliquidación.

 

 

VIII SALÓN DO DEPORTE E TURISMO ACTIVO – XOGOS DEPORTIVOS

Os días 22, 23 e 24 de maio, celebrarase en Expourense o «8º Salón do Deporte e Turismo Activo (Xogos Deportivos)».

Este evento está destinado a todos os públicos, tanto para deportistas, aficionados ou principiantes, como para os maiores e nenos. Os visitantes atoparán no salón un lugar onde poderán contactar co deporte en todas as súas facetas.
 
Trátase dunha edición especial centrada na Inclusión co obxectivo de promover o deporte para todos.
 
Nesta cita, aproximadamente uns 100 nenos e nenas da comarca de Ribadavia, participarán na modalidade de Minibalonmán.
 
Compartirán espazo clubes e asociacións unha quincena de disciplinas deportivas con distintas asociacións de persoas con diversidade funcional. Os deportes que estarán representados nesta cita son: Atletismo; Bádminton; Balonmán; Ciclismo; Esgrima Clásica; Fitness; Fútbol; Hockey; Karate; Pickleball; Piragüismo; Remo Indoor; Roller cross; Taekwondo; Tai-chi; Tenis; Voleibol; Wushu; Xadrez e Ximnasia.
 
O horario é de mañá e tarde, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
 
Nesta ligazón poderás consultar o programa.

 

 

COMARCAL DE ORIENTACIÓN E XORNADA MULTIXOGO

Debido ás predicións meteorolóxicas de choiva, a Xornada do Comarcal de Orientación o Multixogo realizouse na pista central do Centro Deportivo Municipal «O Consello»

Esta xornada, levada a cabo o luns 12 de maio, foi a última actividade do curso 24/25 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.

Nela tomaron parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CRA Amencer, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Pena Corneira Carballeda de Avia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, cunha participación aproximada de 337 nen@s, nas categorías de prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete.

A xornada deu comezo ás 10:00 horasrematou ás 13:00 horas.

 

ENCONTROS DE ESCOLIÑAS – BAILE MODERNO

En torno a uns 60 nen@s, de entre 3 e 14 anos, participaron o pasado sábado 10 de maio no cuarto Encontro de Escoliñas da Deputación celebrado en Ribadavia, coa modalidade deportiva Baile Moderno.

A actividade, promovida pola Excma. Deputación de Ourense coa colaboración dos Concellos, desenvolveuse en horario de mañá, dende as 11 ata as 13 horas. Ao remate todos os participantes recibiron medallas conmemorativas do evento.

xornada de clausura celebrárase será 13 de xuño no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.

 


 

 

 

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS TEMPADA 25-26

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño atópase aberto o prazo para que todalas entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 25/26 para actividade de adestramentos e competicións podan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas. 
O Consello Municipal de Deportes,
 aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.

ABONOS TEMPADA 2025 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2025
ABONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o Abono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2025.

Para solicitar o abono da Piscina Municipal «A Veronza» para esta tempada:

  • Pódese mercar a través da web www.deportesribadavia.es, premendo PISCINA 2025 e despois en ABONOS PISCINA, e indo a opción «mercar abonos tempada».
  • Tamén poden recollelo impreso de pago domiciliado directamente nas oficinas do SMD (Centro Deportivo Muncipal «O Consello») de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

TAXAS POR USOS DE ID :