CAMPIONATO GALEGO DE CROSS ESCOLAR

A este Campionato acuden atletas das categorías Alevín Masculino, cunha inscrición de 81 participantes; Alevín Feminino con 76 participantes; Infantil Masculino con 90; Infantil Feminino con 79; Cadete Masculino con 78 e Cadete Feminino con 79, o que fai un total de 483 rapaces e rapazas das catro provincias galegas.

Pola provincia de A Coruña destaca a participación do Club Atletismo Sada con 32 participantes, o Club Atletismo Narón con 23 atletas e o Atletismo Noia con 19

Pola provincia de Pontevedra a Sociedad Gimnástica de Pontevedra acudirá con 25 atletas. o CSCR de Beade – Vigo con 23 e o Club Vila de Cangas con 15.

A provincia de Lugo destaca o Maderas Barcia Lourenzá – Cervo con 30 atletas e o Ría de Foz con 22.

Na provincia de Ourense unha vez mais o Ourense Atletismo destaca con 24 participantes

As probas comenzarán as 11 horas coas Cadetes Femininas e rematarán coa disputa da categoría Alevín Feminino as 12,45 h.

Este Campionato organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do seu Servizo Provincial en Ourense en colaboración co Concello de Ribadavia, a Agrupación Deportiva Escolar «O Ribeiro» e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense, é o colofón a tempada de cross escolar que se veu desenrolando en todas as agrupacións deportivas escolares zonais de Galicia.