O vindeiro 13 de decembro, terá lugar no Circuito A Veronza do Complexo Deportivo Municial O Xestal, o CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR, organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través do Servizo Provincial en Ourense en colaboración co Concello de Ribadavia, a Agrupación Deportiva Escolar «O Ribeiro» e a Delegación da Federación Galega de Atletismo en Ourense.
No Cpto. Provincial tomarán parte os clasificados nas fases comarcais das oito zonas en que se atopa divida a provincia de Ourense participando nas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino como feminino.
Nesta ligazón podes consultar a normativa.
