RIBADAVIA ACTIVA. XUNTANZA TÉCNICA

O venres 5 de maio no CPI PLURILINGÜE RIBADAVIA, tivo lugar unha xuntanza técnica a que asistiron os responsables do departamento de Educación Fisica do centro CPI Plurilingüe Ribadavia, o responsable do Dpto. de Educación Fisica do CRA Amencer e o Director do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ribadavia.

O obxetivo da xuntanza foi avaliar os programas postos en marcha no curso 22/23 nos dous centros de ensino ca coordinación e colaboura do Servizo Municipal de Deportes.

Os programas que botaron a andar dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA foron dunha banda:

  • RECREOS ACTIVOS / PATIOS DINÁMICOS

Incluído dentro do PLAN PROXECTA da Conselleria de educación dirixido aos alumnos dos dous centros no que colaborara varios clubs do Concello de Ribadavia e técnicos do SMD. Deu comezo o 10 de Outubro do 2022 e rematara o 30 de maio do 2023, levándose a cabo nos horarios de recreo dos centros de luns a venres. Os contidos desenvolvéronse en clave de xogo tendo como obxetivo incrementar o tempo diarios adicado a práctica de actividade física d@ nen@.

 

  • PROXECTO DE DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA

Enquisa deseñada dende o SMD en coordinación ca Fundación Deporte Galego, xestionada polos departamentos de E.F. dos centros de ensino trasladada a todos os alumnos da CRA Ribadavia e os de primaria do CPI Plurilingüe Ribadavia. O obxetivo da enquisa e coñecer a cantidade, calidade e intensidade da actividade física diaria e semanal d@s nen@s do noso Concello. Os resultados da mesma terá como obxetivo unha avaliación subxetiva que se complementara co PROXECTO DAFIS.

 

  • PROXECTO DAFIS

Proxecto incluído no PLAN PROXECTA implementado polos departamentos de Educación Física de ambos centros, consistente nunha batería de probas incluidas dentro da Plataform DAFIS, que nos vai a permitir ter unha avaliación de obxetivos do nivel de condición física de cada nen@.

Bateria de test:

  1. COMPOSICIÓN CORPORAL.
  2. RESISTENCIA CARDIORESPIRATORIA.
  3. CAPACIDADE MUSCULAR.
  4. COMPONENTE MOTOR.

 

  • PROGRAMA XOGADE

Avaliación dos centros no Deporte Escolar incluido no PROGRAMA XOGADE. Propostas para o vindeiro curso.