ARRANXO DA CALDEIRA DE GASOLEO DE CALEFACCIÓN NO PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Levouse a cabo o arranxo da caldeira de gasoleo calefacción no Pavillón Municipal Maquiáns que alimenta os aerotermos que aportan calefacción á pista central.

O arranxo derivado do Plan de Inspección en materia de seguridade industrial regulado na orde de 19/Maio/2021 (DOGA, 1/Xuño/2021) dependente de Vicepresidencia Consellería de economía, empresa e innovación, según informe emitido pola empresa autorizada con data 29/Marzo/2022.

O arranxo consistente na sustitución dos seguintes elementos:

  • Vaso de expansión.
  • Bomba de recirculación de ACS.
  • Porta da caldeira CPA 160.
  • Xunta do queimador.

O importe do arranxo ascende a dous mil oitocentos setenta con setenta e tres euros (2.870,73 €).

Asumindo o 50% do custe o Concello de Ribadavia e o outro 50% o IES Ribadavia.

A actuación foi executada pola empresa concesionaria do servizo de mantemento da caldeira, contratada polo Concello de Ribadavia.

Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Febreiro para o vindeiro luns 27 de Febreiro de 2023, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación, si procede, do borrador da acta da convocatoria extraordinaria de 17 Outubro 2022, a renovación, si procede, do contrato menor de suministro de material de limpeza para ID dependentes do CMD a IRAGO,  SL, a renovación, si procede, do contrato menor mixto de suministro de pellets e mantemento das caldeiras de biomasa do P. O Consello e de Gasóleo no P. Municipal Maquiáns ao GRUPO ANTOLÍN SL, e proposta de adxudicación, si procede, do contrato menor de servizo de control e prevención da lexionelose nas intalacións deportivas (P. O Consello, P. Mun. Maquiáns e Complexo. D. M. O Xestal) conforme Real Decreto 487/2022, e na dación de contas: obra de arranxo da caldeira de Biomasa e circuito AQS no P. O Consello, obra de acondicionamento nas pistas de tenis no Complexo O Xestal, convenio con Educación para a xestión do Pavillón Municipal Maquiáns, sección orzamentaria do Consello Municipal de Deportes para o 2023.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

ARRANXO DA CALDEIRA DE BIOMASA E DO CIRCUITO AQS NO POLIDEPORTIVO O CONSELLO

Remataron as obras para subsanar as deficiencias na caldeira de biomasa e no circuito de AQS no Polideportivo O Consello. Polo que se fixo a primeira carga do silo de pellets (15 toneladas).

Obxeto das obras:

Desmontaxe de:

  • Silo actual para ampliación do mesmo.
  • Acumulador de AQS , instalación de novo acumulador, para cumprimento de normativa de control e prevención de lexionelose.
  • Desmontaxe das actuales bombas de calefacción, colectores e tuberías de distribución.
  • Desmontaxe e retirada da caldeira de gasoleo en deusodende 2015.

Novos equipos e dotacións:

  • Construción de novo silo incrementando a capacidade a aproximadamente 20 Toneladas.
  • Instalación de bocas de carga, en cumprimento da normativa, accesible dende o aparcadoiro, superior aocaron da instalación.
  • Novo deposito de AQS de 1000 l. con boca de home, en cumprimento da normativa de control e prevención da lexionelose.
  • Reubicación de novos colectores.
  • Colocación de dúas novas bombas circuladoras para circuitos de calefacción.
  • Nova ubicación de cadro eléctrico.

Sistemas de xestión e control:

  • Instalación de cableado, conectado con ordenadores de administración, para xestión informatizada dos distintos parámetros existentes da caldeiras existentes e niveis de carga do silo.

Distribución a vestiarios deportistas e lavabos:

  • Instalación de novo circuito con tubaxe de polietileno de 75 mm. e coquilla de suministro de AQS a vestiarios e lavabos de toda a instalación.

 

EXPEDIENTE – 2022/12041C

ÓRGANO DE CONTRATACIÓN – DEPUTACIÓN OURENSE/CONTRATACIÓN

Referencia da obra (RCC) – OBRA/MEN/2022000085

DATA DE ADXUDICACIÓN – 27/SETEMBRO/2022

ADXUDICATARIO – AOPIL, SL

IMPORTE ADXUDICACIÓN – 47.297,69 € (IVE INCLUIDO)

PRAZO DE EXECUCIÓN – 2 MESES

 

CAMPEONATO GALLEGO ABSOLUTO CHANTADA

O sábado 4 de febreiro, no campionato gallego absoluto en Chantada, o club Mizukami presentou dous equipos de kumite mixto e dous senior masculino.
 
Obtendo o primeiro posto (ouro) en kumite alevín mixto, equipo formado por Fabio Alen Bejarano, Gaia Barroso Villar y Marco Portela González.
O segundo posto (prata) en kumite Senior masculino más de 84 kilos foi para Jordi Mendoza González.
Tamén participou o equipo infantil masculino mixto con Óscar Martínez Ballesteros e Uxia Fidalgo Gómez, que cun competidor menos ao non poder acudir, Simón Rodríguez Armada, por lesión, tuveron poucas opcións.
Igualmente, Noel Pazos González, que acudiu a esta cita lesionado, o que mermou moito a súa actuación.

Noraboa a todos/as.

BALONMÁN – MOITOS PARABÉNS A MARCOS CARLÓN

Parabéns a Marcos Carlón por formar parte dos 70 seleccionados pola Federación Española de Balonmán, asi como ao CDC Ribeiro.

O grupo de 70 convocados, pertencentes a xeración 2008-09, estarán concentrados no CAR de Serra Nevada (Granada) dende o 19 ao 26 de Febreiro as ordes do staff técnico da Area Técnica da RFE de balonmán liderado polo selecciónador dos Hispanos, Jordi Ribera (medalla de bronce no recén celebrado mundial de Polonia/Suecia 2023).

O traballo de tecnificación que desenvolverán ten por obxetivo o control e seguimento de xogadores de cara a nutrir a plantilla dos Hispanos a medio e longo prazo.

Xogadores citados para as Xornadas de Tecnificación :

Portería |

Marcos González Bascón (Bm. Proin Triana), Alejandro del Puente Escudero (C.D. Agustinos Alicante), Rubén Cardeñosa López (Ad. Prado Marianistas), Guillem Martínez Herman (FC Barcelona), Albert Quesada Quesada (FC Barcelona), Hugo Carreira Claro (A.D. Carballal), Marcos Carlón Rodríguez (CDC Ribeiro), Víctor Gil Tarragó (Bm. Alcobendas), Julen Orbegozo Odriozola (Zarautz K.E.).

Central |

Marcos Val Claramunt (A.D. Dominicos Zaragoza), Diego Fernández Díaz (G.C. Covadonga), Héctor Martín de Bolaños Ruiz (BM Mislata), Álvaro Luis Díaz García (C.D. Grubalgal), Jesús Sánchez de la Nieta García (A.D. Prado Marianistas), Nicolás Calvo Martínez (Bm Guadalajara), Roque Estévez Alonso (CBM Tui), Adrián Soteras Iso (C.D. Cantolagua), Julio Fis Ballester (Bm Alarcos), Íker López Velasco (Aula Valladolid).

Lateral Derecho |

Enrique Pérez García (Bm. Los Dólmenes), Lucas Toro Ruiz (CD. MaristasDe Málaga), Aitor Benítez Gonzalez (CD. L. H. de Europa), Juan Martín Escrihuela (A.D. Dominicos Zaragoza), Jorge Martínez Ferreño (G. C. Covadonga), Daniel Berna Sansano (C.D. Salesianos Elche), Ángel Esteban Fernández (Bm Azuqueca), Marc Castella Martorell (FC Barcelona), Adrián Sola Basterra (SCDR Anaitasuna), Sergio Andueza del Castillo (Lagunak), Pablo Aresti Esteban (Urdaneta).

Lateral Izquierdo |

Pablo Sánchez Labrador (Bm Córdoba), Pablo Martín Algarra (C.D. Agustinos Alicante), Alfredo Eiroa Ponce (C.D. Agustinos Alicante), ÍkerSoguesBroch (C.H. Vila-Real), Mateo Morales Bajo (CD San Agustín Valladolid), Miguel Camarero Mazuela (BM Burgos), Alex Pérez Holguin (FC Barcelona), Roger Serramià Gómez (FC Barcelona), Arnau Ndour Alcoceba (Bm. Granollers), Xoel Lago Alonso (Bm. Cisne), Manuel Souto López Ron (BM Lalín), Aingeru Zabalza Labayen (SCDR Anaitasuna).

Extremo Derecho |

Pedro Bermúdez Cano (Córdoba Bm), Íñigo Carroquino Arteaga (A.D. Dominicos Zaragoza), IbrahimaGueyeTine (Handbol Inca), Abel Sánchez Serrano (C.D. Salesianos Elche), Martín Robles Franco (Ademar de León), Ian Viladiu Peré (FC Barcelona), Leo González Cabrera (Bm. Granollers), Imanol Jiménez Aguado (C. D. Calasancio).

Extremo Izquierdo |

Daniel Herrera Díaz (Bm Alarcos), Héctor López Méndez (Bm At.Valladolid), Lucas Espejo Sánchez (FC Barcelona), Martí Casadellà Carrique (Bm. La Roca),Luis Martínez Pedreira (BM Lalín), Xabier Istúriz Fernández (SCDR Anaitasuna), Unai Barreto Usabarrena (C.B Bidasoa).

Pivote|

William Thompson Bouzad (Bm. Roquetas), Carlos Ángel Martín (Bm. LosDólmenes), Mario Sepúlveda Porta (Levante UD BM Marni), Alonso Alarcón Fernández (AD Prado Marianistas), Javier Sanz Quintanilla (Ad. Prado Marianistas), Sergio SánchezSánchez (Bm Alarcos), Hugo Esteban Moncada (Bm Villa de Aranda), Alexander Jones Pérez (Ch Sant Esteve De Palautordera), Eric Anselmo Guinau (FC Barcelona), Cristian Filimonov Sosoyenko (FC Barcelona), Juan José Machío Lemus (Agrupación Polideportiva Colegio SanJosé), Pablo Pazos Núñez (Bm Cisne), Martín Vázquez Cortizo (BM Lalín).

DEPORTE ESCOLAR COMARCAL XOGANDO CO ATLETISMO

O martes 31 de xaneiro, nas instalacións do Novo Sintético do Complexo Municipal O Xestal, celebrouse a segunda xornada na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO, incluída no programa XOGADE. Mentras que na primeira participaron nen@s de categoría ALEVÍN nesta a categoría participaron BENXAMÍN.

Tomaron parte na mesma máis de 150 nen@s dos centros: CPI Ribadavia, CEIP QUINS, CEIP LEIRO, CEIP AVIÓN, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP ARNOIA, CEIP CORTEGADA E CEIP CENLLE.

Participaron nas probas:

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo desde parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.

Carreira de relevos:

  1. Gran Prix

Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.

Seguindo co calendario aprobado ao comenzó no mes de Outubro pola Agrupación Deporte Escolar O Ribeiro as seguintes xornadas a celebrar serán:

1. XORNADA MULTIDEPORTE (baloncesto, balonman, fútbol-sala, fútbol-gaélico) ´

Cos enfrontamentos:

-CEIP SAN SALVADOR ARNOIA – CEIP VIRXEN DE GUADALUPE AVIÓN

-CEIP EMILIA PARDO BAZAN LEIRO – CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

-CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA – CEIP QUINS/MELÓN

2. BADMINTON: Nas distintas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

 

LIGAZÓN.- CLASIFICACIÓN XOGANDO CO ATLETISMO ALEVÍN E BENXAMÍN

II CROSS VILA DE RIBADAVIA – RESULTADOS E CLASIFICACIÓN

O sábado 28 de xaneiro celebrouse a segunda edición do CROSS VILA DE RIBADAVIA no circuito A Veronza do Complexo deportivo municipal O Xestal no que se deron cita máis de 1300 atletas de toda Galicia.

Incluíndo varias competicións do calendario da Federación Galega de Atletismo:

XXVI MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO – CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CATEGORÍAS MENORES.
Resultados e clasificación: Ligazón

XVI CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E L CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB18 HOMES E XLII SUB 18 FEMININO DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL.
Resultados e clasificación: Ligazón

XXXV CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E CLUBS.
Resultados e clasificación: Ligazón

 

DEPORTE ESCOLAR COMARCAL XOGANDO CO ATLETISMO

O martes 24 de xaneiro, nas instalacións do Novo Sintetico do Complexo Municipal O Xestal, celebrouse a primeira xornada na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO, incluida no programa XOGADE.

Tomaron parte na mesma máis de 150 nen@s dos centros: CPI RIBADAVIA, CEIP QUINS, CEIP LEIRO, CEIP AVIÓN, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP ARNOIA, CEIP CORTEGADA e CEIP CENLLE.

Todos os participantes en categoría ALEVÍN, a vindeira xornada será o martes, 31 de Xaneiro na que tomarán parte os mesmos centros en categoría BENXAMÍN.

Participaron nas probas:

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo desde parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.

Carreira de relevos:

  1. Gran Prix

Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.

Os dous primeiros clasificados por equipos participaran o 9 de Marzo na Fase Provincial que se levara a cabo en Ourense na pista cuberta de EXPOURENSE.

 

 

 

 

 

 

 

 

II CROSS VILA DE RIBADAVIA

O sábado 28 de Xaneiro daranse cita no CIRCUITO A VERONZA do Complexo Municipal O Xestal mais de 1.315 atletas, que participarán no II CROSS VILA DE RIBADAVIA.
Nesta 2ª edición vai acoller tres probas federadas incluidas no caledario da Federación Galega de Atletismo.

XXVI MEMORIAL ALEJANDRO LORENZO – CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE CATEGORÍAS MENORES.
Competición na que tomarán parte as categorías SUB-10, SUB-12 e SUB-14 tanto masculino como feminino.
Participantes : 712 atletas.

XVI CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB16 E L CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA SUB18 HOMES E XLII SUB 18 FEMININO DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL.
Competición na que tomarán parte as categorías SUB-16 e SUB-18 masculino e feminino.
Participantes : 330 atletas.

XXXV CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA MÁSTER DE CAMPO A TRAVÉS INDIVIDUAL E CLUBS.
Competición na que tomarán parte as categorías MASTER W-35+, MASTER M35-40 e MASTER M45+, masculino e feminino
Participantes : 273 atletas.

DEPORTE ESCOLAR COMARCAL XOGANDO CO ATLETISMO

Os días 24 e 31 de xaneiro, vaise celebrar O COMARCAL na modalidade XOGANDO CO ATLETISMO, nas categorías alevín e benxamín na que tomarán parte todos os centros de ensino da comarca.

Esta modalidade incluída dentro do programa XOGADE, achega aos nen@s a práctica do atletismo dun xeito lúdico, aglutinando en distintas probas a motricidade na que se atopan baseados todas as disciplinas deportivas (correr, saltar e lanzar) na mesma atópanse incluídas varias probas:

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo dende parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza dende sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.

Carreira de relevos:

  1. Gran Prix.

Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.

Cada centro deberá participar con equipos de un máximo de cinco nen@s.

A fase provincial de XOGANDO CO ATLETISMO será en marzo, á que accederán equipos procedentes das fases comarcais.

 

Nesta ligazón atópase a FOLLA DE INSCRICIÓN.

Nesta ligazón atópase o REGULAMENTO.