RIBADAVIA ACTIVA

No CEIP RIBADAVIA, tivo lugar unha xuntanza entre os responsables dos departamentos de Educación Física do CEIP RIBADAVIA o CRA AMENCER e representantes do CONSELLO MUNICIPAL DE DEPORTES para votar a andar varios proxectos incluidos dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA, que foi presentado no consello reitor celebrado o 14 de Xuño do 2022.

O contido da xuntanza foi a planificación e posta en marcha ao longo do primer trimestre do curso, dos proxectos:

  1. PROXECTO DAFIS.
  2. PROXECTO RECREOS ACTIVOS/PATIOS DINÁMICOS.
  3. PROXECTO MELLORA DA CONDICIÓN FÍSICA PARA A SAÚDE.
  4. PROXECTO DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA.

7ª CARREIRA PEDESTRE RIBADAVIA – 4 DECEMBRO

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalegas.com

O 4 de Decembro, terá lugar a Sétima edición da Carreira Pedestre de Ribadavia que se disputará como en anos anteriores sobre un circuito semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.

A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas con chegada na Praza Maior, as categorías: Sub 16, Sub 14 e Sub 12 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m e 700 m., respectivamente, estas tres probas disputaranse a partires das 11:00 horas mentres se disputa a categoría absoluta.

Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub 08 e Biberóns.

Todos os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas.

A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes contando nesta edición coa coordinación da Federación Galega de Atletismo.

 

Nesta ligazón está o Regulamento Xeral.

 

 

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE ACTIVIDADES FÍSICO-DEPORTIVAS 22/23

O vindeiro luns, 12 de Setembro dará comezo o Programa de Actividades Físico-Deportivas para o curso 22/23, promovido polo Consello Municipal de Deportes.
De luns a sábado, en horario de mañá e serán, ofertanse distintas actividades dirixidas por técnicos especialistas (spinning, pilates, zumba, circuito hiit, adestramento funcional, aero-box… etc.).

Asemade reanudase o servizo de Adestrador Persoal con reserva previa. Ca posta en funcionamento da nova Sala de Adestramento Persoal e de Alta Intensidade, vaise permitir traballar cos usuarios de xeito individualizado ou en grupos reducidos. Con esta nova sala, como novidade, vaise introducir en horarios de serán, Venres ás 19:30 horas e tamén ás 20:30 horas; e mañá os Sábados de 10:00 a 11:00, a modalidade de CROSS-F-TRAINNING.
REQUISITOS: estar dados de alta como abonados ao Servizo Municipal de Deportes.

PLAN RIBADAVIA ACTIVA
En coordinación co Dpto. de E.F. do CEIP Ribadavia e da Fundación Deporte Galego dende o mes de Outubro botarán a andar os proxectos presentados dentro do PLAN RIBADAVIA ACTIVA:
1. PROXECTO DAFIS.
2. PROXECTO RECREOS ACTIVOS/PATIOS DINÁMICOS.
3. PROXECTO MELLORA DA CONDICION FISICA PARA A SAÚDE.
4. PROXECTO DINAMIZACIÓN DA VIDA ACTIVA E DEPORTIVA.
Proxectos, nesta primeira fase, destinados á poboación infantil.

APRAZAMENTO 7ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA

ACÓRDASE O APRAZAMENTO DA 7ª CARREIRA PEDESTRE DE RIBADAVIA FESTAS DO PORTAL, AO NON ACADARSE A INSCRICIÓN MÍNIMA PREVISTA.
PASARÁ A CELEBRARSE O DOMINGO 4 DE DECEMBRO DO 2022, COS MESMOS HORARIOS E REGULAMENTO.

QUEDA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para a nova data a través da web www.deportesribadavia.es ou en www.carreirasgalega.com.

O prazo de inscrición será ata o 29 de Novembro do 2022.

Aos xa inscritos na data inicial (11 de Setembro) manteráselle a inscrición e os atletas que non desexen participar na nova data deberán solicitar a devolución da inscrición a través do correo smd@ribadavia.es antes do 15 de Setembro do 2022.

O circuito previsto será semiurbano de 10 km. para a categoría absoluta.
A saída da proba absoluta será ás 11:00 horas e chegada na Praza Maior, as categorías: Sub16, Sub14 e Sub12 disputaranse sobre un percorrido urbano polo casco vello sobre as distancias de 2100 m. 1400 m. e 700 m. respectivamente, estas tres probas disputaranse a partir das 11:00 horas mentres se disputa a categoría absoluta.
Ás 12:15 pecharase o control de chegada para a categoría absoluta, para de seguido disputarse a competición para as categorías Sub08 e Biberóns.
Todo os atletas disporán de vestiarios no Polideportivo O Consello, sendo a entrega de premios na Praza Maior ás 13:00 horas.
A proba estará organizada polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, ca coordinación e control da Federación Galega de Atletismo.

SESIÓN DE IOGA EN RIBADAVIA

Na área recreativa da Veronza, o martes 9 de agosto, levouse a cabo a sesión de IOGA ao aire libre dentro incluida na programación +Deporte La Región. A clase estivo dirixida pola monitora Estela Castro á que asistiron casi 20 persoas.

Todos os asistentes que disfrutaron da sesión ao aire libre de IOGA, recibiron unha camiseta tan só por participar.

Con esta sesión e a anterior de Fitness celebrada o pasado 14 de xullo, rematase o programa de actividades previstas para o verán no noso Concello.

 

NOVOS HORARIOS

NOVOS HORARIOS DE APERTURA AO PÚBLICO DO POLIDEPORTIVO O CONSELLO DENDE O 16/AGOSTO/2022

  • MAÑÁ: 8:30 a 13:30 h.
  • TARDE/SERÁN: 16:15 a 22:45 h.

HORARIO BASE QUE PODERÁN MUDAR EN FUNCIÓN DAS ACTIVIDADES PUNTUAIS E CONVENIOS CON ENTIDADES DEPORTIVAS.

IOGA PARA TODOS

Dentro do programa de actividades de verán de +DEPORTE LA REGIÓN ca colaboración do Concello de Ribadavia, vaise celebrar o vindeiro martes, 9 de Agosto na Area recreativa A Veronza de 20:30 a 21:30 h. unha sesión de IOGA ao aire libre dirixida pola monitora Dna. Estela Castro.

Todos os interesados en participar no evento deberán inscribirse en www.masdeporte.laregion.es cumprimentando o formulario de inscricción.

Os inscritos recibirán unha CAMISETA por participar no evento.