Convocatoria do Consello Reitor Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de xuño para o vindeiro martes 14 de Xuño de 2022, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a presentación do borrador do PLAN RIBADAVIA ACTIVA, aprobación (se procede) do borrador da acta da convocatoria ordinaria do 11/4/2022, aprobación (se procede) do horario de apertura ao público das instalacións deportivas para a tempada de verán e a dación de contas: apertura picinas municipal, curso natación 2022, 7ª carreira Pedestre Ribadavia – Festas do Portal, convocatoria praza operario de I.D., novo sintético O Xestal (Informe Deputación) e obras reforma da caldeira de biomasa no Polideportivo O Consello.  

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL POR TEMPO INDEFINIDO DE UN OPERARIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Publícanse as bases de contratación por tempo indefinido, de un (1) Operario de Instalacións Deportivas no Concello de Ribadavia, aprobadas na Xunta Local de Goberno celebrado o 1 de Xuño de 2022.

Prazo de solicitude : 10 días naturais dende a publicación no diario de maior difusión da provincia.

Documentación a presentar :

  1. a) Solicitude de participación ANEXO-1.
  2. b) Fotocopia compulsada do DNI.
  3. c) Documentación acreditativa dos meritos alegados.

 

Pincha nesta ligazón para consultar as BASES.

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR INSTALACIÓNS DEPORTIVAS – TEMPADA 22/23

Según se recolle no regulamento sobre Uso das Instalacións Deportivas Municipais, dende o 1 ao 30 de Xuño atópase aberto o prazo para que todalas entidades interesadas en facer uso de algunha das I.D. de xeito regular durante a tempada 22/23 para actividade de adestramentos e competicións podan solicitalo cumprimentando o modelo que poden descargar da web deportesribadavia.es e entrégalo por rexistro.

PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN

A dirección do servizo municipal de deportes emitirá un informe coas solicitudes presentadas. 
O Consello Municipal de Deportes,
aténdose aos criterios preferenciais, dará traslado da proposta de horario que será remita as entidades interesadas dando un prazo de 10 días para presentar alegacións. Vistas as alegacións presentadas e o seu tratamento o CMD redactará o horario definitivo que entrará en vigor o 1 de Outubro.
Posteriormente, a criterio do CMD e antes do 1 de Outubro , formalizarase convenio cas entidades beneficiarias para regular as condicións de uso, ou ben será de aplicación a ordenanza de prezos públicos por uso das instalacións deportivas municipais.

 

CURSO DE NATACIÓN 2022 – ABERTO PRAZO SOLICITUDE PRAZA

CURSO DE NATACIÓN 2022

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITUDE DE PRAZA

 

NÚMERO DE PRAZAS :  Máximo 80.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 4 de Xullo ao 31 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZA :  Dende o 15 de Maio ata o 7 de Xuño ás 14:00 horas.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 13 de Xuño ao 17 de Xuño.

RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 20 de Xuño ao 24 de Xuño.

GRUPOS E HORARIOS : 30 de Xuño.

 

PREZO PÚBLICO :

 

CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :

1º   EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.

2º  ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).

3º  MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2021).

 

Os interesados poden CUBRIR a solicitude dende este enlace SOLICITUDE PRAZA CURSO NATACIÓNou ben recollela directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

Deberán facer a Solicitude Reserva de Praza Natación antes das 14:00 horas do día 7 de Xuño do 2022.

COMARCAL DE ORIENTACIÓN – CLASIFICACIÓN

Nas Instalacións do Complexo O Xestal e na Área recreativa A Veronza, tivo lugar o Comarcal Escolar de Orientación no que tomaron parte máis de 300 nen@s, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete dos centros de ensino Ceip Leiro, Ceip Carballeda de Avia, Ceip Melón, Ceip Cenlle, Ceip Arnoia, Ceip Ribadavia, CRAE Ribadavia e IES Ribadavia. Con esta actividade dase por rematado o curso 21/22 a nivel comarcal, incluída dentro do programa Xogade, que organiza a Agrupación Escolar O Ribeiro.

Nesta Ligazón atoparás a Clasificación

 

 

COMARCAL ESCOLAR DE ORIENTACIÓN

Ca celebración o vindeiro xoves 12 de Maio de 2022, nas instalacións do Complexo Deportivo O Xestal e Área Recreativa da Veronza, do Comarcal Escolar de Orientación porase punto e final ao programa XOGADE, na nosa comarca.
Na que tomaron parte ao longo do curso os centros de ensino da comarca nas distintas modalidades: Campo A Través, Bádminton, Xogando co Atletismo e Orientación incluídas no programa XOGADE.
O evento está organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro ca colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes. Tomarán parte no Comarcal de Orientación os centros de ensino: IES Ribadavia, CEIP Ribadavia, CRAE Ribadavia, CEIP Arnoia, CEIP Carballeda de Avia, CEIP Cenlle e CEIP Leiro.
Ao remate da competición farase entrega de medallas aos tres primeiros clasificados nas distintas categorías así como da modalidade Badminton, que se estivo a disputar no mes de Abril.

Nestas ligazóns atoparás o Regulamento e máis o Circuito.

5ª BTT RIBEIRO RIBADAVIA

Cerca de 400 participantes na 5ª BTT de Ribadavia, organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes. A partir das 9:00 cunha saída controlada dende o Novo Sintético de O Xestal ata a Praza Maior, para percorrer as dúas distancias de 30 e 50 km. e chegada ás instalacións de O Xestal.

FORMACIÓN DAFIS

Nas instalación do Polideportivo O Consello levouse a cabo a formación DAFIS (Plataforma de avaliación da condición física saúdable).

O curso foi impartido por Miguel Rodriguez del Corral (Lcdo. Educación Física/Director Técnico da Fundación Deporte Galego), Eliseo Iglesias Soler (Lcdo. Educación Física/Técnico da Fundación Deporte Galego) e Xavier Castro Gacio (Lcdo. Educación Física/Técnico da Fundación Deporte Galego).

A plataforma DAFIS, atópase incluído dentro do plan PROXECTA E DO PLAN GALICIA SAUDABLE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Recibiron a formación 14 persoas entre Mestres de Educación Fisica de varios centros de ensino da comarca, técnicos deportivos de clubs, técnicos do servizo municipal de deportes e un técnico da Deputación de Ourense.

Esta formación é o primero paso para desenvolver dende o SMD un proxecto para promover e incrementar a práctica de actividade física saúdable tendo como primer obxetivo a poboación infantil do noso concello e logo abrilo a cidadanía en xeral.

5ª BTT RIBEIRO RIBADAVIA 2022

O domingo 24 de abril, vaise celebrar a 5ª edición da BTT Ribeiro Ribadavia, con dous percorridos, un de 30 km. e outro de 50 km. Ao non ten carácter competitivo, os participantes están convocados nas instalacións deportivas do Complexo O Xestal ás 9:00 horas con saída controlada ata a Praza Maior para dende alí facer a saída oficial ás 9:25 h. Ao remate da mesma será nas instalacións do Novo Sintético de O Xestal onde os participantes disporán de vestiarios, lavado de bibicletas e como clausura do evento habrá bebidas e pinchos.

 A proba está organizada polo Club Raiders do Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes

Nesta ligazón atoparás os percorridos.