FITNESS PARA TODOS

Dentro do programa de actividades de verán de +DEPORTE LA REGIÓN ca colaboración do Concello de Ribadavia, vaise celebrar o vindeiro xoves, 14 de Xullo na Alameda ás 20:30 h. unha sesión de FITNESS dirixida pola monitora Dna. Paula Cao.

Todos os interesados en participar no evento deberán inscribirse en www.masdeporte.laregion.es cumprimentando o formulario de inscricción.

Os inscritos recibirán unha CAMISETA por participar no evento.

Vindeiro evento: IOGA previsto para o 9 de Agosto a celebrar na Area recreativa de A Veronza.