CURSO DE NATACIÓN 2021 – ABERTO PRAZO SOLICITUDE PRAZA

CURSO DE NATACIÓN 2021
ABERTO O PRAZO
PARA SOLICITUDE DE PRAZA


Na Xunta Local de Goberno do pasado 18/Maio/2021 aprobouse o prezo público e criterios de adxudicación para acadar praza para o Curso de Natación 2021.

 

NÚMERO DE PRAZAS :  Máximo 36.

IDADE : 4 ANOS en adiante.

DURACIÓN DO CURSO : Dende o 1 de Xullo ao 31 de Agosto.

HORARIOS : Luns a venres en horario de mañá (Entre as 11:00 h. e as 14:30 h.) Duración 45 minutos/clase.

 

PROCEDEMENTO E PRAZOS :

SOLICITUDE DE PRAZAAta o 4/Xuño ás 14:00 horas.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS : 7/Xuño ao 10/Xuño.

RESERVA DE PRAZA (Aboamento Matrícula) : 11/Xuño ao 18/Xuño.

GRUPOS E HORARIOS : 24/Xuño.

 

PREZO PÚBLICO :

 

CRITERIOS PARA ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS :

1º   EMPADROADOS NO CONCELLO DE RIBADAVIA.

2º  ABOADOS AO SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES : Atoparse en situación de aboado ao servizo acollido a calquera das modalidades recollidas na ordenanza nº 24 de prezos públicos por uso das Instalacións Deportivas Municipais B.O.P. (31/01/2012).

3º  MATRICULADOS NO CURSO ANTERIOR (Curso Natación 2019).

 

Os interesados poden descargar o impreso da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “SOLICITUDES XENÉRICAS”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

Deberán presentar a Solicitude Reserva de Praza Natación nas Oficinas ou enviala a smd@ribadavia.es antes das 14:00 horas do día 4 de Xuño do 2021.

BONOS TEMPADA 2021 – PISCINA MUNICIPAL A VERONZA

PISCINA MUNICIPAL A VERONZA 2021
BONOS TEMPADA


Está aberto o prazo para solicitar o bono da piscina municipal “A Veronza” para a tempada 2021.
Os interesados poden descargar o impreso de pago domiciliado da web www.deportesribadavia.es na pestaña “IMPRESOS SOLICITUDES” – “AUTOLIQUIDACIÓN”, ou ben recollelo directamente nas oficinas do SMD (P. O Consello) de luns a venres de 9:00 h. a 14:00 h.

 

TAXAS POR USOS DE ID :

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 7 de MAIO de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor ás 00.00 horas do día 9 de maio de 2021, e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (LETRA D)

1.4. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

Será obrigatorio o uso da máscara nas seguintes condicións:

a) Obriga xeral.

Para as persoas de seis ou máis anos será obrigatorio o uso da máscara en todo momento, tanto cando se estea na vía pública e en espazos ao aire libre como cando se estea en espazos pechados de uso público ou que se encontren abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

b) Regras específicas.

1ª) Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva federada de competencia autonómica aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas.

d) Excepcións á obriga de uso da máscara.

7º) No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, debera usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros ámbitos que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

3. Limitacións de capacidade e medidas de prevención específicas por sectores.

3.13. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

1. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto.

2. Deberán establecerse as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal nas instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física. O uso de máscara será obrigatorio, aínda que se manteña a distancia de seguridade interpersoal indicada, nos termos previstos no número 1.4 do anexo I desta orde.

3. Deberán aplicarse as medidas de hixiene e prevención establecidas, especialmente no que se refire a proceder diariamente á limpeza e desinfección destes espazos nas áreas de contacto das zonas comúns, tales como xogos das zonas infantís, aparellos de actividade física ou outro mobiliario urbano de uso compartido.

4. Recoméndase dispor neses espazos, especialmente no que se refire a parques infantís, de dispensadores de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade viricida, debidamente autorizados e rexistrados, ou dunha solución xabonosa no caso de espazos para menores de dous anos de idade.

3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva non federada axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.4 do anexo I da presente orde. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata catro persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 50 % da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

2. Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas durante un mínimo de 30 minutos ao inicio e ao remate de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e, obrigatoriamente, ao remate de cada clase ou actividade de grupo. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

3. Os vestiarios e zonas de ducha poderán usarse cunha ocupación de ata o 30 % da capacidade máxima permitida, e procederase á limpeza e desinfección despois de cada uso e ao final da xornada.

4. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

5. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

6. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.

No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:

a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.

b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participaren nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición.

Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección de COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.

As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.

Limitación da mobilidade nocturna

1. No territorio dos concellos que se relacionan na letra A do anexo II, durante o período comprendido entre as 23.00 e as 6.00 horas…

2. Nos restantes concellos da Comunidade Autónoma de Galicia non resultará aplicable a dita limitación.

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 7 Maio 2021

OBRAS DE MELLORA NAS PISTAS DE TENIS DO COMPLEXO O XESTAL

Executada a 1ª Fase das obras de mellora nas instalacións das pistas de Tenis do Complexo O Xestal, das que se deu conta no ultimo Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes celebrado o 12 de Abril de 2021.
Consistente en dotar a instalación de:

  • 1 Ud. Porton de acceso ao recinto
  • 2 Ud. Portas de conexión entre pistas

O que vai a permitir o acceso de vehículos ao recinto para facer traballos de mantemento/limpeza e en especial acceder ao recinto vehículos dotados con pinza e cesta para reposición e arranxo das torretas de iluminación.
Asemade esta previsto levar a cabo a 2ª Fase consistente en dotar a instalación de desaugadoiro que eviten o encharcamento das pistas e aparición de musgo e diste xeito poder facer as labores de mantemento especificas do pavimento para evitar o deterioro do mesmo.

Información COVID-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 21 de ABRIL de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor as 00:00 horas do 23 de Abril de 2021 e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (LETRA D)

«3.21. Celebración de COMPETICIÓNS DEPORTIVAS CON PÚBLICO, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos, e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecemento destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A celebración de competicións deportivas con público, actividades en cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, así como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, poderá desenvolverse, sen superar o 30% da capacidade permitida, con público, sempre que este permaneza sentado e que a capacidade se calcule, dentro da capacidade permitida, de forma que se garde sempre a distancia mínima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes, cun límite máximo de duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e de cincocentas persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

No obstante, nos concellos enumerados na letra D do anexo II o límite máximo poderá chegar ás 500 persoas para lugares pechados e ás 1000 persoas, se se trata de actividades ao aire libre.

Co fin de evitar aglomeracións, a distribución dos asistentes será homoxénea polas butacas e haberá unha planificación axeitada para controlar os accesos e o fluxo de circulación dos asistentes. Debe preverse a apertura de todas as portas dispoñibles coa antelación suficiente.

Deberán establecerse as medidas necesarias para manter a distancia de seguridade interpersoal no resto das instalacións ou, na súa falta, a utilización de medidas alternativas de protección física.

O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, mesmo no caso de que se manteña a distancia de seguridade interpersoal nos termos previstos nas medidas hixiénico-sanitarias.

Nas butacas ou asentos preasignados, as persoas asistentes non poderán quitar a máscara.

Deberán realizarse tarefas de ventilación nas instalacións cubertas por espazo de, polo menos, 30 minutos ao comezo e ao final de cada xornada, así como de forma frecuente durante esta e obrigatoriamente ao finalizar cada actividade. No caso da utilización de sistemas de ventilación mecánica, deberá aumentarse a subministración de aire fresco e non se poderá empregar a función de recirculación do aire interior.

Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento e custodialo durante un mes despois do evento, coa información do contacto dispoñible para as autoridades sanitarias, cumprindo coas normas de protección de datos de carácter persoal.

Deberán intensificarse as medidas de limpeza e desinfección das instalacións con produtos debidamente autorizados e rexistrados.

En todo caso, nas actividades a que se refire o presente punto nas cales se pretenda superar as capacidades máximas previstas conforme a cada nivel de restricións, a Dirección Xeral de Saúde Pública, logo de solicitude dos titulares ou promotores da actividade, disporá a realización dunha avaliación do risco para outorgar a autorización de acordo co disposto nas «Recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade por COVID-19 en España», acordado na Comisión de Saúde Pública do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. O prazo para realizar a avaliación do risco será de 10 días, sen prexuízo dunha revisión de oficio posterior, se a situación epidemiolóxica así o exixe».

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 21 Abril 2021

MELLORAS NOS SISTEMAS ANTIINCENDIOS DAS INSTALACIÓNS; POLIDEPORTIVO MUNICIPAL O CONSELLO E PAVILLÓN MUNICIPAL MAQUIÁNS

Levouse a cabo por parte da empresa concesionaria do mantemento dos sistemas antiincendios nas instalacións deportivas municipais, DI-SEYS Seguridade, a subsanación e adaptación ao REGULAMENTO DE INSTALACIONS DE PROTECCIÓN CONTRA INCENCIOS vixente.

Melloras consistentes en:

1) Colocación de novas BIES 25-20m. (6 Ud.) no P. O Consello e BIES 45 (2 Ud.) no Pavillon Muncipal Maquiáns.

2) Sustitución de Extintores de 6Kg. (6 Ud.) e un Extintor de 2 Kg.(1 Ud.) no P. O Consello e Extintores de 6 Kg. (6Ud.) no Pavillon Municipal Maquiáns.

3) Colocación de nova senalectica nos aparellos.

Melloras executadas por importe de mil cincocentos euros (1500 €) con cargo ao orzamento 2021 da Sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes.

Información COVIC-19 / Consello Municipal de Deportes

Publicado no DOGA do 9 de ABRIL de 2021, en aplicación do protocolo de autocontrol para a prevención do COVID-19 aprobado no consello reitor do CMD celebrado o 14/Setembro/2020, as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Medidas que entran en vigor as 00:00 horas do 12 de Abril de 2021 e que afectan ao Concello de Ribadavia no ámbito da actividade físico-deportiva.

ANEXO II CONCELLOS CON NIVEL DE RESTRICIÓN MEDIA-BAIXA (LETRA D)

1.3. Obrigatoriedade do uso de máscaras.

b) Regras específicas.

1ª) Na realización de adestramentos e na celebración de competicións dentro da actividade deportiva FEDERADA de competencia autonómica, aplicarase, respecto ao uso da máscara, o recollido especificamente no protocolo das federacións deportivas respectivas.

d) Excepcións á obriga de uso da máscara.

A obriga de uso de máscara non será exixible nos seguintes supostos:

3º) No mar, praias e piscinas, no exterior ou cubertas, lagos, embalses, ríos ou noutras zonas de baño, durante o baño, e mentres se permaneza nun espazo determinado, sen desprazarse, e sempre que se poida garantir o respecto da distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

En calquera caso, será obrigatorio o uso de máscara para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, lagos e demais contornos acuáticos, así como para o uso de vestiarios de piscinas públicas ou comunitarias, salvo nas duchas.

Entenderase por actividades incompatibles co uso da máscara as actividades de socorrismo ou rescate cando requiran acceder ao medio acuático.

7º) No caso do exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, debera usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

Seralles de aplicación o establecido no parágrafo anterior ás actividades que supoñan un esforzo físico de carácter non deportivo equiparable a este, ao aire libre e de forma individual.

10º) Na práctica de deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

3.15. Actividade deportiva.

1. A realización da actividade física e deportiva NON FEDERADA axustarase ás seguintes regras, en función dos datos epidemiolóxicos existentes nos correspondentes concellos:

c) Nos concellos enumerados na letra D do anexo II, a práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico e coa utilización de máscara, de acordo co disposto no punto 1.3 do anexo do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de 6 persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.

No caso da práctica da actividade física e deportiva non federada nas instalacións e centros deportivos pechados poderase realizar en grupos de ata 4 persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, coa utilización de máscara e sempre que non se supere o 50% da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

Tamén se permite o uso deportivo das piscinas ao aire libre ou cubertas, cunha ocupación máxima do 50 %.

 

Na seguinte ligazón podes atopar o DOGA 9 Abril 2021

Convocatoria do Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes

O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de abril para o vindeiro luns 12 de Abril de 2021, ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a toma de posesión de D. Manuel Váquez López (PSOE) e de D. Brais Fidalgo Martínez (G.E.ReC) como membros do Consello Reitor do CMD, proposta de renovación do contrato suministro productos, materiais, asesoramento e mantemento (piscina municipal A Veronza tempada 2021) a LINCOLD IBERICA S.L., proposta de renovación do contrato do servizo de control hixiénico-sanitario (piscina municipal A Veronza tempada 2021) a AKUNATURA DE OURENSE S.L., e a renovación do contrato de servizo de máquinas expendedoras nas I.D.M a ROFERVENDING S.L.

Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria

DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE

Hoxe día 6 de Abril, é o DÍA INTERNACIONAL DO DEPORTE, un día no que poñer en valor todo o que fan os clubs e asociacións deportivas no concello de Ribadavia.
Nesta época de pandemia que nos tocou vivir, é fundamental inculcar e fomentar aos máis pequenos, dende a base, os valores da práctica deportiva .
RIBADAVIA É DEPORTE