PROGRAMACIÓN DEPORTIVA NAS FESTAS DO PORTAL

O Concello de Ribadavia fai público o cartel das Festas do Portal 2021 que se celebrarán do 3 ao 9 de setembro.
Serán unhas festas marcadas polas medidas de prevención e os protocolos de seguridade anticovid.
Así, todos os concertos e actividades serán con aforo controlado e limitado.

 

Este ano as Festal do Portal terán unha importante programación deportiva coa involucración do tecido deportivo do municipio e a organización de torneos e trofeos de Balonmán, Baloncesto, Fútbol Sala Feminino, Tenis, Ximnasia Rítmica e Fútbol.