COMEZO DAS ACTIVIDADES DIRIXIDAS

Deron comezo as actividades dirixidas incluídas no Programa municipal de Actividades físico-deportivas para o curso 25/26

En horario de mañá impartiranse na pista central de CDM «O Consello», pola tarde as actividades lévanse a cabo do ximnasio de CEIP Plurilingüe Ribadavia. Nas mesmas poderán tomar parte os abonados inscritos ao Servizo Municipal de Deportes, dándose de alta no CDM «O Consello».

Tamén está aberto o prazo para solicitar praza na actividade infantil de «Escola de Baile» que dará comezo o 29 de Setembro en horario de tarde no ximnasio do CEIP Plurilingüe Ribadavia. A inscrición será nas oficinas do CDM «O Consello» ata o día 19 de setembro. Os criterios de adxudicación das prazas serán; 1º- Matriculados ou haber participado na actividade na tempada 24/25. 2º- Por riguroso orden de entrada/inscrición. O número máximo de prazas será de 15 nen@s/grupo. Unha vez cubertos os grupos, xenérase lista de espera.

A Sala de Musculación, instalada de xeito provisional, na planta 1ª do CDM «O Consello», está aberta de luns a venres para os abonados ao SMD en horario de mañá de 8:30 a 13:30 horas e en horario de tarde de 16:00 a 22:15 horas, así como o servizo de sauna.

 

29º DÍA DA BICI

O vindeiro 28 de Setembro, levarase a cabo en Ribadavia o 29º DÍA DA BICI.

Evento non competitivo, de percorrido semiurbano, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

Ás 10:00 h. será a entrega de mochilas e camisetas aos inscritos, e as 11:00 h. será a saída.

O percorrido será; Praza Maior – Rúa Progreso – Rúa Ribeiro – Rúa Veronza – Rúa do Xestal – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Campo do Souto – Rúa Campo de Fútbol S. Cristovo – Rúa do Xestal – Camiño do Río – Rúa da Aldea (Francelos) – Ctra. Francelos – San Lázaro – Rúa do Progreso – Praza Maior.

A participación é libre, para todas as idades. 

A inscrición será a traves de pressclub.laregion.es. Os 200 primeiros inscritos entregaráselles unha mochila e unha camiseta. Os restantes inscritos recibirán só unha mochila.

Para inscribirte no Día da Bici, pincha neste enlace, e a seguir pincha no botón “INICIA SESIÓN” situado na esquina superior dereita. Unha vez rexistrado, tes que poñer nome e apelidos, tfno, data de nacemento, dni e talla da camiseta.

Importante, activar a casilla no texto “He leído y entiendo la Politica de Privacidad y acepto la Política de Cookies…”

Finalmente pinchar en Participar. A seguir recibirás un email confirmando a inscrición.

Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os participantes.

Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, +Deporte La Región e colaboran Ciclistas do Ribeiro, Aqualia e Clúster Industria deporte galego.

RESULTADOS TORNEO FÚTBOL SALA FESTAS DO PORTAL

O pasado 4 e 5 de setembro no IV Torneo de Fútbol Sala Festas do Portal; os resultados dos partidos foron os seguintes;  Ribeiro feminino contra o Balaídos F.C. 2 – 11, Ribeiro infantil contra Academia Futsal 2 – 7, Ribeiro cadete contra Academia Fultsal 4 – 4, Ribeiro xuvenil contra Academia Futsal 3 – 2, e Ribeiro masculino contra Academia Futsal 1 – 5.

 

RESULTADOS TORNEO TENIS FESTAS DO PORTAL

O luns 8 de setembro tivo lugar o peche do Torneo de tenis Festas do Portal, disputándonse as finais de todas as categorías, a excepción do Veteranas +45, o cal foi aprazado.

Os resultados foros os seguintes, na categoría Absoluto masculino, impusoxe Romeo Robleda  7-6(0) 3-6 e 14-12, a Jose A. García. Na categoría Absoluto femenino Elsa Corral foi a gañadora frente a María F. Crespo, por 6-4 6-1. Na categoría Veteranos +45 Jose A. García foi o gañador frente a Manuel Quiroga, por 6-0 6-1. E por último na categoría Infantil masculino o gañador foi Romeo Robleda, por retirada, frente a Izan Novoa, 7-5 4-3.

PRESENTACIÓN TORNEO DE TENIS FESTAS DO PORTAL 2025

En Ribadavia o día 4 de setembro, coa presencia do Señor Alcalde Presidente do Concello de Ribadavia, César Fernandez Gil, do Presidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera Casero, do Director do Servizo de Deportes, José Manuel Pérez Otero, e da xogadora Elsa Corral Hidalgo, levoúse a cabo na casa do concello a devandita presentación, destacando os participantes, e o número de categorías que se van desenvolver este ano, remarcando de xeito especial as categorías de absoluto femenino, veteranas +45 e infantil, que non se tiñan disputado hasta agora nas edicións precedentes do torneo. Así mesmo entre os participantes non solo atopamos xogadores da comarca de Ribadavia e doutros lugares da provincia de Ourense, así como xogadores tamen da provincia de Pontevedra.

A xogadora de máis ranking son a pontevedresa María Franceliín Crespo Mendez e o xogador de mellor ranking é o ainda infantil de Ourense Romeo Robleda Leiro.

Os partidos iniciaranse o venres 5 a partir das 16:30 da tarde, e remataran coas finais o luns día 8 tamén pola tarde a partir das 16:30.

O torneo está organizado polo Clube de Tenis Ribadavia, coa colaboración da Federación Galega de Tenis, e disputarase nas pistas de tenis do Complexo Deportivo Municipal «O Xestal».

CEIP PLURILINGÜE DE RIBADAVIA REFORMADO

Grazas á reforma recente do ximnasio do CEIP Plurilingüe de Ribadavia, o centro conta cun pavimento novo, pistas marcadas para minibasket, badminton e minibalonmán, e todos os equipamentos necesarios para practicar deporte con seguridade.
 
Ademáis, mentres duren as obras no Centro Deportivo Municipal «O Consello», as clases do Servizo Municipal de Deportes, que se impartan pola tarde, trasladaranse aquí.
 
Educación, deporte e infraestruturas de calidade para o noso alumnado e veciñanza.
 
 
 

DEVOLUCIÓN DO PREZO PÚBLICO POR PECHE ANTICIPADO DA PISCINA MUNICIPAL A VERONZA NA TEMPADA 2025

Todos os interesados en solicitar a devolución da parte proporcional tanto dos bonos de tempada na Piscina Municipal A Veronza como do Curso de Natación por mor do peche anticipado, según resolución da alcadía de 22 de Setembro de 2022, poderán facelo solicitando dita devolución a través dunha SOLICITUDE XERAL e presentadoa no Concello de Ribadavia.

Na siguinte ligazón podes ver a Resolución da Alcaldía.