28ª DÍA DA BICI – NOVA DATA

DATA : 20 de Outubro do 2024

HORARIO : Saída as 11:00 h. da Praza Maior, pero previamente ás 10:00 h. entregaranse as mochilas e camisetas aos inscritos.

PERCORRIDO semiurbano:

Ribadavia – Francelos – San Cristovo – Ribadavia

Evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta.

A participación e libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban a través da webpressclub.laregion.es  entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.

Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro.

SORTEO: ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos

GRUPOS «ESCOLA DE BAILE»

Estes son os grupos e horarios para a actividade ESCOLA DE BAILE:
As clases comezarán o LUNS 30 de Setembro.
 
▪️GRUPO 1: IDADES DE 7 E 14 ANOS / LUNS/MÉRCORES/VENRES ás 16:30 horas.
– CLARA ESCUDERO GIRALDEZ
– GAIA BARROSO VILLAR
– PAULA VALES ROSENDO
– ALBA GONZALEZ GREGORIO
– ANDREINA GABIAN CERVETTI
– OLIVIA MEIRIÑO GONZALEZ
– NOEMI BARREIRO RODRIGUEZ
– DANIELA OZORES FERRO
– SIRA SENRA ACUÑA
 
▪️GRUPO 2: IDADES DE 3 A 6 ANOS / LUNS/MÉRCORES/VENRES ás 17:15 horas.
– MARCO VARELA GONZALEZ
– KARLA RAÑA SOUTO
– AYELEN TERE SAMPEDRO
– SOFIA ALVAREZ PORTELA
– ENARA PORTELA GONZALEZ
– MARA VARELA GONZALEZ
– GALA CUIÑAS PEREZ
– CARLOTA LOPEZ AREDA
– SOFIA VILLAR SENRA
– PAULA GONZALEZ GREGORIO
– BIANCA MARTINEZ COLLARTE
– LEO MARTINEZ COLLARTE
– ANXO DIEGUEZ BERNARDEZ
– JEZRO SOTELO FRIEIRIA
– INDIA OSORIO DE LA FUENTE
 
 
 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES FÍSICO – DEPORTIVAS 2024-2025

O luns, 16 de setembro, bota a andar a programación de actividades físico-deportivas para o curso 24/25.

A oferta de actividades proposta polo Consello Municipal de Deportes prestada a través da empresa de servizos MOUXIÓN, S.L.  está aberta a que ao longo do curso poidan incorporarse outras á demanda dos usuarios.

O requisito para poder tomar parte nas mesmas, é ser abonado ao servizo municipal de deportes.

A programación dirixida á poboación adulta dará comezo o 16 de setembro, nas que se atopan as actividades dirixidas e o servizo de adestrador persoal.

A programación infantil dará comezo o 30 de setembro, na que se atopan as actividades da Escola de Baile, e os Recreos Activos Patios Dinámicos.

 

 

DEPORTES NAS FESTAS DO PORTAL 2024

Durante as Festas do Portal celebraranse as seguintes actividades deportivas:
 
XUNTANZA MINIBASKET FESTAS DO PORTAL
Xoves, 5 de setembro ás 17:00 horas nos Xardinillos.
Idades nados a partir do 2013.
Organiza: I.D. Os Sarmientos.
 
BALONMÁN – TORNEO FESTAS DO PORTAL
Venres, 6 de setembro ás 20:00 horas, no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Categoría Nacional: BM RIBEIRO RODOSA OUR. PROV. TERMAL – DISICLÍN BM. LALÍN
Organiza: CDC Ribeiro.
 
FÚTBOL-SALA – III TORNEO INTERNACIONAL FESTAS DO PORTAL
Sábado, 7 de setembro dende as 10:00 ata ás 20:00 horas, no Centro Deportivo Municipal «O Consello».
Categorías: Senior Feminino, Senior Masculino, Xuvenil Feminino e Xuvenil Masculino.
RIBERO AVIA FC – BULEBULE FS – ACADEMIA FUTSAL – FUTSAL ARCAS – CARBALLIÑO FS.  
Organiza: C.F. Ribeiro do Avia.
 
TENIS – TORNEO FESTAS DO PORTAL
6, 7 e 8 de setembro, nas Pistas de Tenis, Complexo Deportivo Municipal «O Xestal».
Organiza: Club de Tenis Ribadavia.

CAMPIÓN DE ESPAÑA EN C2 MIXTO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA PROMESAS PIRAGÜISMO

O padexeiro ribadaviense David Davila Rodríguez, con ficha no Club de Mar Ría de Aldán – GANDÓN S.A., ven de participar no Campionato de España de Xoves Promesas (infantil e cadete) que se disputou esta fin de semana en Verducido (Pontevedra).

Participou en tres probas acadando un sexto posto en C1, a cuarta praza en C2 co seu compañeiro Manu e o primeiro posto, e campións de España, en C2 mixto coa súa compañeira Cristina.

Parabéns David Davila.

SELECCIÓN ESPAÑOLA JUNIOR MASCULINA CAMPIONA DE EUROPA

A selección española Junior de balonmán que levou a cabo parte da súa preparación para o Campionato de Europa de Eslovenia no mes de Marzo en Ribadavia, inagurando o novo pavimento do CDM O Consello e disputando o Torneo Internacional contra a Selección Absoluta de Estados Unidos, ven de proclamarse campiona de Europa ao vencer na final a Portugal, logo de superar no campionato aos combinados de Francia, Suiza, Islas Feroe, Austria, Islandia e Dinamarca.

Parabéns aos Hispanos Junior.

PIRAGÜISMO; PARABENS A DAVID DAVILA

Nas instalacións do encoro de Pontillón do Castro en Verducido disputánronse, esta fin de semana, as probas do Campionato Galego Sprint 2024.

Disputaronse en dito embalse todas as probas pertencentes ao Campionato Galego Sprint 2024 para a categoría infantil.

Salientar que na categoría C1  infantil a victoria foi para David Davila con ficha no C.D.M. Ria de Aldán, piragüista formado en Ribadavia.