Organizado pola Agrupación Deportiva Escolar O Ribeiro coa colaboración do Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro xoves 30 de abril nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal e Área Recreativa da Veronza a Xornada do Comarcal de Orientación e Multixogo, última actividade do curso 25/26 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte.
Tomarán parte os seguintes centros de ensino de toda a comarca: CEIP Plurilingüe Ribadavia, CEIP San Salvador Arnoia, CEIP Plurilingüe Otero Novas Cortegada, CEIP Castrelo de Miño, CEIP Quins-Melón e CEIP Emilio Pardo Bazán Leiro, CEIP Carmen García Carrasco Cenlle, cunha participación de 302 nen@s, nas categorías de benxamín, alevín de 6 a 8 anos.
A xornada dará comezo ás 10:30 horas para rematas ás 13:00 horas.