O Presidente do Consello Municipal de Deportes ven de convocar o Consello Reitor ordinario de Febreiro para o vindeiro luns 14 de Febreiro de 2024, ás 13:00 horas en primeira convocatoria e ás 13:15 horas en segunda convocatoria, entre os asuntos máis importantes está a aprobación, si procede, do borrador da acta da convocatoria ordinaria de 5 Decembro 2023, a renovación, si procede, do contrato menor de suministro de material de limpeza para instalacións deportivas dependentes do CMD (C.D.M. O Consello , P. Municipal Maquiáns, Piscina M. A Veronza e Complexo D. M. O Xestal) á empresa IRAGO S.A., a renovación, si procede, do contrato menor de servizo de control e prevención da lexionelose nas instalacións deportivas dependentes do CMD. (C.D.M. O Consello , P. Municipal Maquiáns e Complexo D.M. O Xestal) á empresa INSADES S.L., e na dación de contas: sección orzamentaria propia do Consello Municipal de Deportes para o exercicio 2024, logo da aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello (BOP,26/Xaneiro/2024), e estado da reforma da pista central do C. D. M. O Consello.
Na seguinte ligazón podes ver a Convocatoria Consello Reitor Ordinaria