CONVOCATORIA PROGRAMA EBICI DA XUNTA

Desde a Xunta de Galicia, lanzouse unha nova convocatoria de axudas dentro do programa EBici, cuxo obxectivo é promover a mobilidade sostible na nosa comunidade.

Este programa ofrece subvencións para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas, co fin de fomentar unha mobilidade máis ecolóxica e accesible.

As solicitudes están abertas ata o 13 de novembro de 2026 ou ata esgotar os fondos dispoñibles.

Podedes pinchar nesta ligazón para máis información.