DEPORTE ESCOLAR

No Polideportivo O Consello, logo da xuntanza mantida o 27/Setembro/2021 en Ourense na delegación provincial da Secretaria Xeral para o Deporte polos presidentes de zona,  celebrouse unha xuntanza convocada pola Agrupación Escolar O Ribeiro, na estaban convocados todos os centros de ensino da comarca, para dar a coñecer o programa XOGADE (xogos deportivos en idade escolar) para o curso 21/22. A xuntanza foi presentada polo coordinador provincial de deporte escolar D. Carlos Bericat e o presidente da agrupación escolar de zona D. José Manuel Perez.

Asemade da presentación do programa acordouse establecer a data do 26 de Novembro para a celebración da 1ª fase do comarcal de campo a través  e convocar outra xuntanza a primeiros de Novembro para establecer o calendario definitivo ata o mes de xuño.