DEPORTE ESCOLAR; COMARCAL DE ORIENTACIÓN – XORNADA MULTIXOGO

Organizado pola Agrupación deportiva escolar O Ribeiro ca colaboración do Consello Municipal de Deportes, terá lugar o vindeiro xoves 11 de maio nas Instalacións municipais do Novo Sintético O Xestal a Xornada de Orientación e Multixogo, última actividade do curso 22/23 incluída dentro do programa XOGADE da Secretaria Xeral para o Deporte.

Vanse dar cita neste evento de clausura oito centros de ensino de toda a comarca nas categorías: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete para participar nunha xornada lúdica, estando prevista a participación de 298 nen@s.

A xornada dará comezo ás 11:00 horas para rematar ás 13:00 horas.

 

Regulamento.