DEPORTE ESCOLAR COMARCAL XOGANDO CO ATLETISMO

O martes 31 de xaneiro, nas instalacións do Novo Sintético do Complexo Municipal O Xestal, celebrouse a segunda xornada na modalidade de XOGANDO CO ATLETISMO, incluída no programa XOGADE. Mentras que na primeira participaron nen@s de categoría ALEVÍN nesta a categoría participaron BENXAMÍN.

Tomaron parte na mesma máis de 150 nen@s dos centros: CPI Ribadavia, CEIP QUINS, CEIP LEIRO, CEIP AVIÓN, CEIP CARBALLEDA DE AVIA, CEIP ARNOIA, CEIP CORTEGADA E CEIP CENLLE.

Participaron nas probas:

  1. Carreira 10 x 10 metros.
  2. Lanzamento de xavelina branda.
  3. Triplo salto saíndo desde parado.
  4. Lanzamento de balón medicinal cara a adiante por encima da cabeza desde sentado.
  5. Salto lateral de obstáculo baixo.

Carreira de relevos:

  1. Gran Prix

Cada participante realizará unha proba de concurso e a proba de relevos. A proba de concurso será a que cada Centro Escolar determine, participando cada un dos compoñentes nunha proba diferente, completando as 5 probas.

Seguindo co calendario aprobado ao comenzó no mes de Outubro pola Agrupación Deporte Escolar O Ribeiro as seguintes xornadas a celebrar serán:

1. XORNADA MULTIDEPORTE (baloncesto, balonman, fútbol-sala, fútbol-gaélico) ´

Cos enfrontamentos:

-CEIP SAN SALVADOR ARNOIA – CEIP VIRXEN DE GUADALUPE AVIÓN

-CEIP EMILIA PARDO BAZAN LEIRO – CEIP PLURILINGÜE RIBADAVIA

-CEIP PENA CORNEIRA CARBALLEDA DE AVIA – CEIP QUINS/MELÓN

2. BADMINTON: Nas distintas categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

 

LIGAZÓN.- CLASIFICACIÓN XOGANDO CO ATLETISMO ALEVÍN E BENXAMÍN